O Ministerio de Sanidade convoca ao SERGAS ao Consello Interterritorial de Saúde para tratar o coronavirus

|

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou este sábado que convocará ás comunidades no Consello Interterritorial de Saúde para tratar as medidas de cooperación e coordinación fronte ao coronavirus.


Conselleiro sanidade sergas almuiña


Conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña


En rolda de prensa tras presidir a reunión do comité de seguimento tras confirmarse onte á noite o primeiro caso en España, un turista alemán na Gomera, Illa subliñou que os sistemas de detección e alerta fronte ao coronavirus "están a dar resultados".


O ministro destacou que teñen que "seguir traballando na mesma liña, con coordinación coas comunidades autónomas, coas autoridades europeas, con seguimentos diarios e toma decisións baseadas nas opinións de expertos".

Pola súa banda, o director do centro de coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón, explicou que nesa reunión informarase os conselleiros das comunidades autónomas da situación e valorarase as accións que se están realizando.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress