O doutor Rafael López, xefe de Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), foi un dos expertos involucrados no desenvolvemento da molécula, a primeira cunha participación española desde o inicio que logra ser comercializada.
A familia da afectada presentou unha reclamación ao SERGAS ao entender que o seu caso é unha "neglixencia médica" e que puxo en risco a saúde da muller, veciña da Estrada.
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) denunciou as "graves deficiencias" que acumula a EOXI de Lugo na Atención Primaria. A falta de persoal é o principal problema da área lucense, e desde a Confederación xa fixeron un chamamento para que o SERGAS cubra as ausencias, baixas e vacacións dos profesionais.
O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA) reivindica que os profesionais do sector teñan un oco na Atención Primaria e máis espazo na Atención Especializada. Por iso, piden ao SERGAS que os teña en conta como unha opción para axudar a "rebaixar o gasto sanitario, así como a mellorar a calidade de vida dos usuarios".
Os datos do Rexistro Español de Enfermos Renais situaron en 2018 a prevalencia da Enfermidade Renal Crónica en España (ERC) en 1.304 persoas por millón de poboación, unha cifra que en Galicia ascende a 1.395 persoas por millón.
A 'Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS' advirte que a modificación do procedemento que se seguía ata o de agora con respecto aos enfermos que acudían ao servizo de Urxencias e que posteriormente necesitaban ser atendidos en Medicina Interna obriga a que agora esa deriva "só poderase solicitar desde Atención Primaria".
As xornadas terán lugar o vindeiro xoves 3 de outubro ás 17 horas no Colexio Médico de Santiago.
Desde o colectivo fan un chamamento a todos os profesionais de enfermería, así como aos pacientes e demas persoal dos hospitais galegos a manifestarse vestindo a camiseta da plataforma ou con roupa negra o próximo 11 de outubro ás 12 horas en fronte dos distintos hospitais de Galicia.
O Concello do municipio coruñés de Ponteceso continuará coa repartición de auga á veciñanza de Corme en diferentes puntos da localidade a partir deste luns, 30 de setembro. Mentres, desde a oposición sl PP reclamou a dimisión do alcalde da localidade como "último responsable" do brote de gastroenterite que afectou á localidade de Corme e acusouno de dicir que "a auga era boa" con "analíticas que non son veraces".
O Centro de Saúde da localidade luguesa conta unicamente con dous profesionais médicos despois da xubilación este verán dun terceiro e a falta de reposición desa vacante. Cinco asociacións de de veciños emitiron unha solicitude de reunión co titular de Sanidade, Vázquez Almuiña, para abordar esta preocupante situación.
No Día Mundial do Alzheimer, o vindeiro venres 20, o Hospital Vithas Fátima celebrará a partir das 19:30 unha conferencia onde se centrará no avance da enfermidade e está especialmente dirixida ás familias dos pacientes que a padecen.
As autoridades sanitarias a nivel mundial están preocupadas polo crecente número de casos de sarampelo. A Organización Mundial da Saúde (OMS) retirou o status de ‘País libre de sarampelo’ a Reino Unido, Grecia, Albania e República Checa.
A Axencia Español de Seguridade Alimentaria e Nutrición decretou un brote de intoxicación alimentaria causado por toxina botulínica asociado ao consumo de conserva de atún en aceite de xirasol. Hai catro afectados polo brote -tres deles xa foron dados de alta- e os produtos da empresa xa foron localizados e retirados do mercado. Fuentes de Frinsa explican a Galiciapress que estudan a posibilidade de que, unha vez adquirido o atún, este puidese contaminarse por unha mala conservación por parte dos consumidores.