O Hospital Vithas Fátima acolle unha conferencia sobre como convivir co Alzheimer
No Día Mundial do Alzheimer, o vindeiro venres 20, o Hospital Vithas Fátima celebrará a partir das 19:30 unha conferencia onde se centrará no avance da enfermidade e está especialmente dirixida ás familias dos pacientes que a padecen.

Baixo o título 'Día a día co Alzheimer', o relatorio tratará as etapas desta dura enfermidade que, segundo Segundo a Confederación Española de Alzheimer (CEAFA), representa o 70% das demencias e afecta a millón e medio de persoas, aínda que a cifra vaise por encima dos cinco millóns de afectados se temos en conta aos familiares.
Estes últimos son o grupo ao que está dirixida a charla, que contará coa intervención do neurólogo Javier Castro Doo e o psicólogo Pedro Santamaría Gargamala, que falarán da súa detección, tratamento e as necesidades de familiares no coidado e unha persoa dependente, asi como os recursos sociais e asistenciais que poden ser de utilidade.
A entrada á charla é libre, aínda que a organización recomenda aos interesados reservar praza no correo jornadasfatima@vithas.es ou no teléfono 986 901 975.
Escribe o teu comentario