​Máis sitio para os terapeutas ocupacionais na Atención Primaria e Especializada, reclama o Colexio Oficial galego

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA) reivindica que os profesionais do sector teñan un oco na Atención Primaria e máis espazo na Atención Especializada. Por iso, piden ao SERGAS que os teña en conta como unha opción para axudar a "rebaixar o gasto sanitario, así como a mellorar a calidade de vida dos usuarios".


|

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA) reivindica que os profesionais do sector teñan un oco na Atención Primaria e máis espazo na Atención Especializada. Por iso, piden ao SERGAS que os teña en conta como unha opción para axudar a "rebaixar o gasto sanitario, así como a mellorar a calidade de vida dos usuarios".


Terapeuta ocupacional

COTOGA reclama máis espazo na sanidade



Os terapeutas ocupacionais realizan unha labor silencios pero fundamental dentro da sanidade española. No seu traballo tratan de axudar a mejorar a autonomía dos pacientes con limitacións ou en risco de que apareza algunha con métodos individualizados e acordes ás necesidades de cada persoa.


"A través do uso das actividades propositivas e significativas búscase conseguir a máxima funcionalidade, autonomía e calidade de vida posible para aquelas persoas que presenten ou teñan risco de sufrir algunha limitación ou certo grao de dependencia durante a realización das súas actividades da vida diaria, de traballo, de lecer, e de participación social", sinalan desde COTOGA, quen á súa vez destacan que a día de hoxe a Atención Especializada resulta "insuficiente".


Desde o Colexio Oficial denuncian que o CHUS non conta con profesionais do sector na súa carteira de servizos, a diferenza de Ferrol, Vigo ou Lugo que si contan con esta figura. Tamén denuncian a situación da Unidade de Saúde Mental Infanto-Juveni "que só conta coa intervención do terapeuta durante unha hora".


Ante estas carencias, COTOGA reuniuse coas xerencias dos hospitais galegos para avaliar a situación e buscar solucións. "Reivindicamos máis postos para os terapeutas ocupacionais en Atención Especializada dos hospitais galegos, solicitando que se fagan cumprir os cocientes que marca a Organización Mundial da Saúde", reclaman. Do mesmo xeito, argumentan que o SERGAS e a Atención Primaria tamén necesitan abrirlles un espazo propio aos terapeutas ocupacionais, como xa fixeron outras Comunidades Autónomas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE