​"Deficiencias graves" na Atención Primaria de Lugo, denuncia plataforma

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) denunciou as "graves deficiencias" que acumula a EOXI de Lugo na Atención Primaria.  A falta de persoal é o principal problema da área lucense, e desde a Confederación xa fixeron un chamamento para que o SERGAS cubra as ausencias, baixas e vacacións dos profesionais. 


|

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) denunciou as "graves deficiencias" que acumula a EOXI de Lugo na Atención Primaria.  A falta de persoal é o principal problema da área lucense, e desde a Confederación xa fixeron un chamamento para que o SERGAS cubra as ausencias, baixas e vacacións dos profesionais.


Médico. Consulta. Prescrición.

Atención Primaria


A plataforma esixe unha "correcta planificación" para facer fronte a estas carencias que repercuten nos usuarios da Atención Primaria e nos seus profesionais.


José Manuel Piñeiro, delegado de CESM Galicia en Lugo, asegura que existe un "desconcerto" entre os pacientes xa que os constantes cambios de médicos que os atenden. Ademais, recalca a "sobrecarga de traballo" que sofren os facultativos e que a solución é asegurar aos profesionais unhas "condicións de traballo dignas" para que estes "non fuxan" da Atención Primaria.


Na mesma liña, Piñeiro solicita que se cumpran "os acordos alcanzados para cubrir as ausencias por libranzas, vacacións ou baixas e póñase fin ao bloqueo das axendas" e que estas deben cubrirse con profesionais que se atopen no paro con ofertas atractivas para o persoal.


A PEOR COA GRIPE

Doutra banda, o portavoz de CESM advirte que esta situación empeorará co paso das semanas xa que a campaña de vacinación da gripe pode agravar a atención que se presta aos pacientes.


"Esta preocupante situación xa se abordou na Xunta de Persoal da área Centro e no Comité Provincial de Atención Primaria, e será elevado á Xerencia da EOXI de Lugo para que resolva estas deficiencias con carácter urxente e definitivo", comunican desde CESM. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE