​O Colexio de Médicos de Santiago acolle as xornadas de debate da Atención Primaria

As xornadas terán lugar o vindeiro xoves 3 de outubro ás 17 horas no Colexio Médico de Santiago.


|

As xornadas terán lugar o vindeiro xoves 3 de outubro ás 17 horas no Colexio Médico de Santiago.


Medicos sanidade atencion primaria




A Atención Primaria, tan necesaria como ninguneada polas administracións, será obxecto de debate entre os profesionais que a integran nunhas xornadas que terán lugar este xoves 3 de outubro no Colexio Médico de Santiago ás 17 horas. A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia é a encargada de organizar o evento, coordinado por Xosé María Divos Diz.


Na xornada os colectivos participantes poderán expoñer cal é a súa situación actual, así como os problemas aos que teñen que facer fronte, as necesidades do colectivo e as carencias que deben solucionar para poder ofrecer un mellor servizo aos usuarios e desenvolver os seus labores con total seguridade.


Ademais, no encontro tamén se abordasen as propostas dos colectivos para a súa integración nos Equipos da Atención Primaria e nel participarán os sindicatos CIG, UXT e CCOO, que ofrecerán información complementaria.


DEBATE XERAL

Do mesmo xeito, Manuel Martin, portavoz da plataforma organizadora, expoñerá cal é a situación actual da Atención Primaria en Galicia e se esta dá resposta ás necesidades da poboación e os pacientes, entre outros temas en torno os que virará o debate xeral.


Neste sentido, no encontro tamén se espera que se debata sobre a posibilidade de que os colectivos participen na folga proposta na Atención Primaria da área sanitaria de Vigo para os días 7 e 8 de novembro. A profesionais da área viguesa esperan que o resto de áreas sanitarias galegas sómense á iniciativa, ademais da manifestación aprobada para o próximo 26 outubro e que se realizará nas rúas de Santiago de Compostela. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE