Sanidade fixa para setembro a apertura do PAC da Laracha

|

A Consellería de Sanidade prevé que en setembro comece a funcionar o Punto de Atención Continuada da Laracha (A Coruña), segundo informa tras a visita que o seu titular, Jesús Vázquez Almuiña, fixo á instalación.


Centro de saúde de Galicia.



O conselleiro visitou este venres os traballos de ampliación do centro de saúde para a construción do PAC. Sobre a obra, Sanidade explica que está a piques de terminarse "co obxectivo de que esta instalación comece a funcionar no mes de setembro".


Cun investimento dun millón de euros, a actuación beneficiará a case 16.000 habitantes da Laracha e Cerceda, aos que dará cobertura o PAC. Ademais, contará con equipamento novo, xa licitado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress