​Asociación de pacientes denuncia novas trabas para a atención dos usuarios do CHUS

A 'Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS' advirte que a modificación do procedemento que se seguía ata o de agora con respecto aos enfermos que acudían ao servizo de Urxencias e que posteriormente necesitaban ser atendidos en Medicina Interna obriga a que agora esa deriva "só poderase solicitar desde Atención Primaria". 


|

A 'Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS' advirte que a modificación do procedemento que se seguía ata o de agora con respecto aos enfermos que acudían ao servizo de Urxencias e que posteriormente necesitaban ser atendidos en Medicina Interna obriga a que agora esa deriva "só poderase solicitar desde Atención Primaria".


Clínico, Chus


Fachada de complexo compostelán


Isto supón que os pacientes de Urxencias terán que solicitar unha consulta co seu médico de cabeceira como paso previo á consulta en Medicina Interna. "Desde a Asociación non entendemos o porqué deste cambio nin o que poida supoñer de mellora no funcionamento da área sanitaria", lamenta a plataforma, que valora este cambio como un novo obstáculo dos moitos "que con frecuencia temos que percorrer os usuarios da sanidade para ver resoltos os nosos problemas".


Desde a asociación trasladan as "serias dúbidas" existentes entre os usuarios sobre se esta medida en "un servizo en permanente estado de saturación como as Urxencia do CHUS" poida "aliviar a carga de pacientes" con esta medida". "A persoa que precise atención urxente e que a envíen a Medicina Interna vai sufrir inevitablemente unha demora na atención, polo que tampouco comprendemos que non se manteña a derivación desde Urxencias aínda que se active igualmente desde Atención Primaria", sinalan os afectados.


"Os responsables sanitarios ignoran a diario algo tan obvio como que para aliviar as urxencias e mellorar a atención aos cidadáns é necesario e eficaz incrementar a dotación humana e material de Atención Primaria, axilizar os ingresos hospitalarios, os servizos de  radiodiagnóstico, a dotación de Hospitalización a Domicilio...", demandan desde o colectivo, que reclaman máis avances no sistema sanitario. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE