Renfe

Volve o tren entre Vigo e O Porto cunha conexión ao día pola mañá a partir do domingo
Renfe e Comboios de Portugal recuperan a partir deste domingo, 16 de agosto, dous trens Celta, un de ida e outro de volta, entre Vigo e O Porto.
Galicia segue sen tren hotel a Madrid, Barcelona e Bilbao e non hai plans concretos para recuperalo
O Partido Popular ha acusado ao Goberno central de desatender as súas demandas en relación ás "deficiencias" dos trens a Galicia e denunciou que non contempla a volta do Tren Hotel desde Madrid e Barcelona a Vigo.
Buscan os contactos dun contaxiado de coronavirus que chegou a Santiago en tren e autobús desde Colombia vía Madrid e Zamora


Fuentes de Renfe confirman a Galiciapress que o SERGAS trata de localizar os compañeiros de viaxe dun positivo de coronavirus. O contaxiado procede de Colombia e chegou a España vía Madrid, desde onde colleu un tren o sábado 27 de xuño destino a Santiago de Compostela.

Galicia queda sen tren a Madrid ata o 25 de xuño, como pronto
Renfe anunciou o peche do tramo ferroviario entre Zamora e Ourense ata o 25 de xuño despois do accidente do Alvia rexistrado este pasado martes no municipio zamorano de La Hiniesta, que custou a vida a dúas persoas.
Un dos maquinistas do Alvia sinistrado perde a vida, ademais do condutor do vehículo contra o que impactou o tren



O descarrilamento do Alvia Ferrol-Madrid desta tarde xa se cobrou dúas vidas humanas: o condutor do vehículo contra o que chocou o ferrocarril e que provocou o fatal sinistro e un dos maquinistas do aparello. Outro dos maquinistas do tren atópase ferido e foi trasladado a un centro hospitalario. Non hai que lamentar máis vítimas entre os 180 pasaxeiros do tren, segundo as últimas informacións facilitadas por Renfe. 

Galicia recupera a conexión do tren hotel que a conecta con Barcelona unha vez finalice a desescalada
O servizo de tren hotel que conecta Galicia con Barcelona renovarase unha vez que se alcance a fase de normalidade cando conclúa o proceso de desesacalada.
Renfe elimina o 'tren hotel' que conecta Galicia con Madrid, unha das poucas liñas directas coa capital
Esixe a súa recuperación "inmediata" e os sindicatos cuestionan a decisión nun contexto no que se fomenta este medio en toda Europa
Para viaxar en tren hai que dar o nome, móbil e outros datos persoais debido ao coronavirus
Renfe implanta este luns o billete personalizado, de forma que os viaxeiros terán que facilitar obrigatoriamente o seu nome, o seu número de teléfono móbil e outros datos de contacto cando compren un billete de calquera tipo de tren.
O obsoleto tren Galicia-Euskadi, en cuestión ao detectarse o perigoso amianto
Renfe substituirá un total de 17 coches do servizo Intercity Galicia-Euskadi pola presenza de amianto no interior dos vagóns.
Manifestación contra a"indígaa" estación do AVE en Ourense
A 'Plataforma pola Integración do TAV en Ourense' concentrarase este martes, 7 de xaneiro, fronte ao centro de saúde A Ponte para reclamar unha "estación intermodal digna" na cidade.
Adeus á venda de Renfe en Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela

O vindeiro martes, día 31 de decembro, Renfe pechará a venda presencial de billetes nas estacións de ferrocarril de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela, unha medida á que a Xunta mostrou o seu rexeitamento.



Problemas na conexión de tren A Coruña - Santiago - Ourense
Unha avaría producida nun tren este xoves obriga a que na mañá deste venres algúns pasaxeiros que viaxen a Ourense desde A Coruña ou Santiago de Compostela teñan que ser transportados en autobús.
​Bugarín: "Sempre ten que haber transporte público; onde chegue o tren debe chegar o bus, e onde non chegue o bus, o taxi"

Galiciapress entrevista ao autor do novo informe que aborda como modernizar o ferrocarril galego. É o catedrático da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña, Miguel Rodríguez Bugarín -que entre 2009 e 2013 dirixiu a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia-. O seu documento, elaborado en colaboración co Eixo Atlántico, propón posibles reformas para a liña A Coruña-Lugo, pendente dunha perentoria modernización, ademais do obsoleto FEVE. 

Estes son os 43 trens cancelados en Galicia por unha nova folga en Renfe convocada por SFF-CGT en contra da privatización
A folga de traballadores convocada en Renfe e Adif por CXT conlevará este venres a supresión de 43 trens de media e longa distancia na Comunidade, segundo informou o sindicato.
Estes son os 30 trens que non circularán hoxe en Galicia debido á folga
A pesar de fixar servizos mínimos de ata o 90% ao coincidir unha xornada laborable, co inicio de ponte e o Cume do Clima
Vitoria para as vítimas do Alvia ao reabrir a Xustiza a investigación polo borrado de datos en Talgo

"Contentos de que se investiguen todos os feitos porque queremos saber toda a verdade" valoran desde a plataforma de vítimas de Angrois. A Xustiza dita a reapertura da causa para "que se investiguen todos os feitos", en concreto tras a denuncia dun extrabajador de Talgo que asegura que responsables da empresa ordenaron o borrado de datos sobre avarías do tren transcorridos escasos minutos do sinistro.

Caso Alvia: un paso máis preto de que se investigue se Talgo borrou avarías críticas do tren


O xuízo pola traxedia de Angrois, onde só están imputados o maquinista e un cargo de ADIF, podería dar un envorco se a Xustiza ve crible, como parece tras a decisión da Fiscalía hoxe, a sorprendente confesión dun ex-traballador de Talgo

Estíbaliz Espinosa e Paula Palacios, escritoras galegas finalistas dos Premios do Tren

Luís Bagué Quílez gaña o primeiro premio de poesía e Almudena Ballester Carrillo, o primeiro premio na categoría de conto. Os premios están dotados con 22.000 euros.

As obras no tramo Madrid-Galicia obriga a Renfe a prestar un servizo especial este novembro
Renfe estableceu un plan alternativo por estrada con motivo das obras de construción da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia que levará a cabo Adif desde o 5 ata o 28 de novembro (ambos inclusive).
Árbore caída causa problemas no tren entre Vigo e Ourense
Unha árbore caída na vía provocou detencións e atrasos este domingo no tramo entre Vigo e Ourense realizado por tres liñas de tren, segundo informan a Europa Press fontes de Adif.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE