Volve o tren entre Vigo e O Porto cunha conexión ao día pola mañá a partir do domingo

Renfe e Comboios de Portugal recuperan a partir deste domingo, 16 de agosto, dous trens Celta, un de ida e outro de volta, entre Vigo e O Porto.

|

A oferta por agora é limitada, pois Renfe e a súa homóloga lusa están á espera de ver como evoluciona a demanda debido á caída de viaxes polo coronavirus.


Renfe e Comboios de Portugal recuperan a partir deste domingo, 16 de agosto, dous trens Celta, un de ida e outro de volta, entre Vigo e O Porto.



Tren Celta en Vigo

Tren celta operado por Renfe e Comboios de Portugal en Vigo - Urzaiz  / Pedro Seoane Prado Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0 International wikimedia

 

Segundo informa Renfe nun comunicado, esta oferta "ampliarase gradualmente a medida que se vaian recuperando os índices de demanda".


Así, o de Vigo-Guixar con destino ao Porto sairá ás 8,58 horas (hora española) e chegará ás 10,20 horas (hora portuguesa).

O do Porto sae ás 8,13 horas (hora portuguesa) e chega ás 11,35 horas (horas española).

O 2 de xullo de 2013, froito do acordo entre España e Portugal comezaron por primeira vez os trens directos entre Vigo e O Porto sinparadas intermedias. Ambas as cidades están conectadas en dúas horas e 20 minutos aproximadamente.


Posteriormente, desde xullo de 2014 estes trens realizan ademais paradas comerciais en Valença, Viana do Castelo e Nine.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE