Galicia queda sen tren a Madrid ata o 25 de xuño, como pronto
Renfe anunciou o peche do tramo ferroviario entre Zamora e Ourense ata o 25 de xuño despois do accidente do Alvia rexistrado este pasado martes no municipio zamorano de La Hiniesta, que custou a vida a dúas persoas.
Haberá servizo, pero entre Ourense e Zamora haberá que ir en autobús. Renfe xa está a traballar en arranxar os danos tras o accidente mortal do Alvia
Renfe anunciou o peche do tramo ferroviario entre Zamora e Ourense ata o 25 de xuño despois do accidente do Alvia rexistrado este pasado martes no municipio zamorano de La Hiniesta, que custou a vida a dúas persoas.
A operadora, que tiña previsto comezar "en breve" unhas obras no citado tramo, optou por aproveitar a circunstancia e anticipar o peche da vía férrea durante o prazo de tres semanas.
Segundo apuntaron fontes da Subdelegación do Goberno en Zamora, a circulación ferroviaria non se restablecerá ata o próximo 25 de xuño e os pasaxeiros da liña Madrid-Galicia terán que completar o traxecto entre Zamora e Ourense por estrada, con transbordos en ambas as capitais.
O anuncio chega apenas unhas horas despois do accidente ferroviario dun Alvia en La Hiniesta no que faleceron dúas persoas; un novo maquinista en prácticas coruñés e o condutor do vehículo co que impactou o tren, de 89 anos.
Escribe o teu comentario