O obsoleto tren Galicia-Euskadi, en cuestión ao detectarse o perigoso amianto

Renfe substituirá un total de 17 coches do servizo Intercity Galicia-Euskadi pola presenza de amianto no interior dos vagóns.

|

Renfe asegura que os viaxeiros nunca correron perigo ao non estar en contacto directo coas pezas, pero os sindicatos esixen que se inspeccionen todos os vagóns. Por agora, de 4 inspeccionados, 3 tiñan algo de amianto. O Intercity A Coruña/Vigo - Irún é un tren doutra época, dos poucos que quedan sen electrificar. Tarda máis de dez horas usando vagóns obsoletos que, agora, por fin, poden ser cambiados, aínda que sexa por unha emerxencia relacionada coa saúde.


Renfe substituirá un total de 17 coches do servizo Intercity Galicia-Euskadi pola presenza de amianto no interior dos vagóns. A operadora di que a liña seguirá prestando servizo, a pesar das dificultades para comprar billetes para a próxima semana.


O tren intercity A Coruu00f1a Iru00fan   saliando do tune de Vu00edo

O tren intercity A Coruña - Irún saíndo do tunel de Vío | Alter ber youtube


O problema foi detectado tras inspeccionar catro destes vagóns que realizan este percorrido, descubríndose amianto en tres deles.


RECUBRIMENTO DA CALEFACIÓN

Segundo trasladaron fontes da compañía a Europa Press, estas deteccións producíronse en diferentes espazos, como unha peza no interior dun armario ou no recubrimento da calefacción.

A pesar diso e tendo en cuenta a antigüidade destes vagóns, a empresa decidiu realizar unha substitución completa dos coches que operan nesta liña, que une A Coruña, Santiago, Ourense, Vigo, Redondela, Guillarei, Monforte, San Clodio, A Rúa, O Barco, Ponferrada con Bilbao e Irún-Hendaia.


REVISIÓNS MÉDICAS PARA Os TRABALLADORES

O sindicato CXT xa solicitara a substitución destes vagóns, datados dos anos 80, por "o mal servizo que estaban a dar", tanto por avarías como por problemas nos equipos (aire acondicionado, enchufes ou accesibilidade).


Así mesmo, pedirá que se realicen revisións médicas aos traballadores para avaliar se presentan algunha consecuencia pola exposición ao amianto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE