Traballadores de Renfe protestan en Santiago en defensa da calidade dos postos de traballo

Santiago acolleu este venres unha mobilización para esixir a continuidade de todo o persoal de servizos auxiliares e de atención ao cliente de Renfe.

|

Os traballadores de Servizos Auxiliares e Atención ao Cliente da sociedade pública Renfe levan tempo mobilizándose en toda España esixindo a subrogación do persoal. 


Os traballadores de Servizos Auxiliares e Atenciu00f3n ao Cliente da sociedade pu00fablica Renfe levan tempo movilizu00e1ndose en toda Espau00f1a esixindo a subrogaciu00f3n do persoal

Concentración este venres ante a estación de Santiago 


Santiago acolleu este venres unha mobilización para esixir a continuidade de todo o persoal de servizos auxiliares e de atención ao cliente de Renfe.

O sector ferroviario dos sindicatos CC.OO. e CXT participaron na concentración, ante a estación de tren compostelá, para esixir o mantemento do emprego nun servizo que na actualidade prestan empresas privadas.

PRECARIZACIÓN 
Ducias de persoas protestaron nas escaleiras da terminal santiaguesa para reivindicar a subrogación dos traballadores afectados.

"Desde que o grupo Renfe anunciou a posibilidade de asumir os traballos de servizos en terra e servizos auxiliares e de atención ao cliente a través da súa filial LogiRAIL, CC.OO. non deixou de esixir que o proceso garantise os postos de traballo e as condicións laborais apostando polo emprego público sempre que non implique precarización", subliña esta central.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE