Estes son os 43 trens cancelados en Galicia por unha nova folga en Renfe convocada por SFF-CGT en contra da privatización
A folga de traballadores convocada en Renfe e Adif por CXT conlevará este venres a supresión de 43 trens de media e longa distancia na Comunidade, segundo informou o sindicato.
SFF-CGT segue co seu calendario de mobilizacións, que suma varias folgas este ano, contra "o espolio do público"
Esta é a lista de trens afectados en Galicia, segundo a información oficial de Renfe difundida por Tren Galicia.
A CGT di nun comunicado, os afectados polos paros en Galicia serán 34 trens de Media Distancia e nove de Longa Distancia, aínda que só en determinados tramos.
Entre os máis afectados están a longa distancia con destino a Pontevedra e Vigo, debido a que a composición dos 'Tren-hotel' de Madrid desde Monforte a Vigo e os 'Intercity' de Ourense a Vigo non circularán.
O sindicato alega que está a defender un "serivicio público de calidade", loitando pola "creación de emprego" acordada con Fomento e combatendo as externilizacións.
Escribe o teu comentario