Buscan os contactos dun contaxiado de coronavirus que chegou a Santiago en tren e autobús desde Colombia vía Madrid e Zamora
Fuentes de Renfe confirman a Galiciapress que o SERGAS trata de localizar os compañeiros de viaxe dun positivo de coronavirus. O contaxiado procede de Colombia e chegou a España vía Madrid, desde onde colleu un tren o sábado 27 de xuño destino a Santiago de Compostela.
Fontes de Renfe confirman a Galiciapress que o SERGAS trata de localizar os compañeiros de viaxe dun positivo de coronavirus. O contaxiado procede de Colombia e chegou a España vía Madrid, desde onde colleu un tren o sábado 27 de xuño destino a Santiago de Compostela.
Alvia como o que fai o roteiro entre Madrid e Galicia
As citadas fontes oficiais indican que la Xunta chamou a Renfe o xoves para pedirlle a listaxe das persoas que viaxaron co infectado. Renfe asegura que xa facilitou a lista, polo que o SERGAS debería estar a trazar xa os contactos para sometelos ás pertinentes probas.
Segundo a información publicada por medios casteláns, o positivo baixouse do tren en Zamora. Fíxoo forzado, debido a que a liña ferroviara está cortada desde o accidente do Alvia cun vehículo o pasado mes. En Santiago, segundo Europa Press, collería un taxi ata o seu domicilio.
El e os seus compañeiros de traxecto proseguiron en autobús fretado por Renfe desde Zamora ata Santiago. Portavoces oficiais de Renfe confirman a Galiciapress que onte facilitaron as identidades dos viaxeiros e lembran que agora todos os billetes de tren son nominais e, ademais, hai que facilitar un teléfono de contacto.
Galiciapress contactou co SERGAS para confirmar estes datos, pero por agora a Consellería de Sanidade non respondeu á petición, realizada hai escasos minutos.
Hai indicios de que este positivos puido propagar o coronavirus en Santiago de Compostela?
Por agora non, polo menos a nivel estatístico.
Como se pode comprobar na gráfica de casos activos por áreas sanitarias que diariamente renove esta redacción, o día 27, xornada da viaxe, había 26 casos activos na capital de Galicia. Onte o SERGAS informa de 24, dous menos. Tamén é certo é que antonte era 23 e o xoves subiu un caso, o que necesariamente implica a aparición dun positivo.
Agora ben, como o SERGAS non detalla os contaxiados por zona, só casos activo;, podería ser que haxa máis positivos recentes, pero que estean enmascarados na cifra de casos activos, produto de que haxa máis curacións estes días, polo que a tendencia xeral seguiría á baixa.
Escribe o teu comentario