O calendario electoral do próximo 28 de maio fixo coincidir a celebración das Letras Galegas coa carreira cara ás urnas, polo que a política lingüística foi este mércores un dos principais asuntos da campaña. Así, mentres que os líderes de BNG e PSdeG, Ana Pontón e Valentín González Formoso --respectivamente--, confluíron na manifestación promovida por Queremos Galego na capital compostelá, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, avogou por defender o idioma propio "con sentidiño" nun acto no que estivo co portavoz do PP, Borja Sémper.
Inés Rey confésase máis nerviosa nesta precampaña que hai catro anos, cando logrou que o PSdeG volvese á alcaldía da Coruña. Non tanto polas enquisas -que debuxan un escenario moi favorable- como pola responsabilidade de aproveitar unha oportunidade única, a chegada de decenas de millóns de axudas europeas para modernizar a urbe facéndoa máis sostible. As Zonas de Baixas Emisións, o futuro do PSdeG ou as opcións do Dépor de ascender directamente -e o pasado conflito coa directiva- son algúns dos temas desta conversación, parte da serie de entrevistas cos alcaldables urbanos que está a publicar Galiciapress.
Galiciapress continúa co seu ciclo de entrevistas aos candidatos nas eleccións locais na cidade de Ferrol, despois de entrevistar ao nacionalista Iván Rivas, como xa fixo cos alcaldables de Pontevedra e Vigo.
Os partidos políticos galegos empezan a tomar posturas ante o desenvolvemento dun sector que podería ser clave no futuro económico de Galicia pero sobre o que existen moitas dúbidas sobre o seu impacto na pesca e o turismo. O Partido Popular mantén unha actitude ambigua indicando por unha banda que é unha oportunidade que non se pode perder e por outro sinalando que a Xunta non aprobará ningún parque que prexudique aos pescadores. Hoxe o PSOE de Galicia tamén mostrou unha actitude ambivalente e criticou á única forza que deixou constancia por agora do seu rexeitamento frontal.
Galiciapress conversa con Miguel Anxo Fernández Lores (1954), médico e alcalde de Pontevedra desde 1999 como parte da súa serie de entrevistas con alcaldables nas eleccións de primavera.
Entrevista con Iván Puentes (Fene, 1980); a aposta do PSdeG en Pontevedra para tomar a testemuña de Tino Fernández na loita por pór fin á hexemonía de Miguel Anxo Fernández Lores nunha cidade que o BNG goberna desde fai 24 anos.
Un continuado apoio popular que só declinou no ano 2005 cando, despois de 16 anos de gobernos presididos polo señor Fraga, o Partido Popular de Galicia perdía a maioría absoluta.
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Galiciapress entrevista a algunhas das mulleres con máis peso na política galega das tres formacións presentes no Parlamento de Galicia para coñecer os seus puntos de vista.
O PSdeG celebrou o fallo do Tribunal Constitucional contrario ao recurso presentado pola Xunta contra a lei de cambio climático sobre o período das concesións en dominio público marítimo terrestre, xa que o Goberno autonómico entendía que xeraba inseguridade xurídica para empresas que se asintan no litoral, como a pasteira de Ence na ría de Pontevedra ou conserveiras.
"Sánchez perdeu o tren da confianza de todos os galegos", sentenza Paula Prado
O presidente do Goberno Gallego solicitou a competencia de costas, feito que o seu predecesor Núñez Feijóo non pediu nos seus trece anos de mandato.
A proposta socialista busca garantir por lei a presenza de mulleres nos órganos de goberno da Xunta. A dirixente socialista sostense en que a falta de mulleres nos altos cargos é froito do sistema patriarcal contra o que hai que loitar. Noa Díaz Varela, parlamentaria socialista.Noa Díaz, tamén concelleira en Santiago de Compostela, manifestou unha contundente crítica á súa oposición por refutar a proposición de equilibrio entre mulleres e homes na administración galega. O partido socialista de Galicia detecta a falta de presenza feminina nos órganos de goberno da Xunta d Galicia.
O deputado socialista Gonzalo Caballero sufriu un accidente na AP-9 o pasado sábado, tras a toma de posesión do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pero recupérase "ben" do sinistro, segundo el mesmo ratificou a Europa Press, e está de alta hospitalaria.
Con motivo deste 8 de marzo - uno dos máis relevantes xa que se poderá celebrar con certa normalidade tras o máis cru da pandemia - Galiciapress conversou con varias das mulleres protagonistas da política galega, como Marisol Díaz (deputada do PPdeG), Maite Ferreiro (vicepresidenta da Deputación de Lugo e Concelleira de Cultura na cidade amurallada) ou Ángela Rodríguez (secretaria de Estado de Igualdade e militante de Podemos). Nesta data tan sinalada entrevistamos a Silvia Fraga, secretaria de Igualdade do PSdeG, unha das áreas máis importantes dentro da estrutura do socialismo galego que encabeza Valentín González Formoso, que encabeza a renovación da forza desde a súa chegada á secretaría xeral.
Nesta entrevista con Galiciapress, o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte de Lemos repasa a actualidade política dos socialistas galegos, a difícil realidade económica dunha provincia castigada en materia industrial e as tensións coa Xunta de Galicia en temas como as infraestruturas ou o turismo.
O PSdeG estreou o mércores portavoz parlamentario. É o lucense Luís Álvarez, parte do novo equipo de Valentín González Formoso, quen rexeita a crispación que consome a vida política actual. Nesta entrevista, o deputado rebate as acusacións de repartición a dedo dos fondos europeos que enarbora o PPdeG, a quen en todo caso tende a man para chegar acordos en temas como o financiamento autonómico e o reforzo dos servizos públicos. O futuro político de Besteiro e o proxecto de fábrica téxtil de Altri son outros dos puntos desta conversación.