Resultados provincia da Coruña: PPdeG 13; BNG 9 e PSdeG 3, co 100% escrutado
Con 75 escanos no Parlamento de Galicia, a maioría absoluta establécese nos 38 escanos.Pontevedra, a segunda máis numerosa, decide 22 deses asentos.
Os primeiros datos da Coruña, segundo a información facilitada pola web de seguimento, debuxan un escenario no que até tres forzas lograrían representación pola provincia, como auguraban algunhas sondaxes durante a campaña electoral, deixando fose Sumar, que pugnaba coa súa lista por un escano nunha provincia que encabezaba Marta Lois.
Co 35,61% escrutado, o PPdeG alcanzaría os 13 representantes, mentres que o BNG levaría 9, dous máis que nos anteriores comicios. O PSdeG, pola súa banda, ve como queda con 3 asentos, un menos que en 2020, mentres que Sumar quedaría fóra do Pazo do Hórreo.
Neste escenario, só os nacionalistas mellorarían o seu resultado, con máis dun terzo dos votos escrutados. Os resultados inclúen tamén aos electores que votaron por correo, unhas 22.725 solicitudes na provincia.
A participación a última hora da tarde, na actualización das 17 horas, era do 48,57%, 5,73 puntos máis que nas eleccións de 2020.
Para seguir o reconto en directo basta con ir actualizando a portada de Galiciapress.
Escribe o teu comentario