O PSdeG acusa a Rueda de "desinformar" sobre a creación do xulgado de violencia de xénero en Santiago
Os socialistas galegos indican que o xulgado de violencia de xénero santiagués figura nos orzamentos de 2024.
O PSdeG acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de "desinformar" sobre a creación dun xulgado de violencia de xénero en Santiago, xa que os socialistas din que o compromiso do Goberno central está "intacto".
Así o manifestou o secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, a través dun comunicado no que afeou as palabras de Rueda, que cualificou de "incomprensible" que o goberno de Pedro Sánchez perdese unha "magnífica oportunidade" de crear un novo xulgado de violencia sobre a muller na comunidade.
Bouza afirmou que a creación deste xulgado contémplase para os orzamentos de 2024 e que os autorizados no último Consello de Ministros corresponden á programación de 2023.
"Non se pode caer na desinformación cara aos veciños de Compostela, nos orzamentos de 2024 recollerase a creación deste novo xulgado", sentenciou.
Escribe o teu comentario