Aitor Bouza

Bouza encabeza a lista de Santiago ao congreso do PSdeG xunto a dous edís afíns á dirección

O secretario local, Aitor Bouza, agradeceu "a implicación e traballo" da militancia compostelá neste proceso congresual que establecerá as liñas mestras que marcarán o futuro do partido en Galicia

Aitor Bouza: " A alcaldesa comprometeuse a unha cousa cos afectados polas vivendas de uso turístico e ao final mentiulles"

Aitor Bouza Manso é o líder do PSOE santiagués. Como el mesmo di, recolle a herdanza de Xerardo Estévez e Xosé Sánchez Bugallo. En apenas uns meses desde que asumiu o cargo afrontou dous procesos electorais, unhas eleccións autonómicas e outras europeas. Con todo, o 24 de xuño o PSOE de Santiago con Bouza á cabeza vía como os seis edís socialistas do grupo municipal non seguían as directrices marcadas pola dirección local socialista e votaban a favor da iniciativa presentada polo goberno municipal de coalición (#BNG-CA) sobre vivendas turísticas. Bouza deixa agora este asunto en mans dos correspondentes mecanismos internos do PSOE para dirimir responsabilidades e posibles actuacións.

O PSdeG acusa a Rueda de "desinformar" sobre a creación do xulgado de violencia de xénero en Santiago

Os socialistas galegos indican que o xulgado de violencia de xénero santiagués figura nos orzamentos de 2024.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE