Vencer ou morrer. Así se expón Alberto Núñez Feijóo o horizonte para partir do 12 de xullo. Se o PPdeG non repite a maioría absoluta que mantivo e retivo desde o desembarco do de Vos Peares en San Caetano, Feijóo non asumirá a presidencia do Goberno de Galicia.
Non existen experiencias recentes ou próximas nas que un goberno europeo tivese que gobernar baixo unha dobre crise provocada por unha pandemia e unha recesión económica. Unha pandemia de orixe practicamente descoñecida, que obriga a paralizar a produción e a distribución pola necesidade de implantar unha corentena, un estado de alarma, para así conseguir evitar unha propagación do virus que sería demoledora.
O deceso dun dos líderes históricos de EU chega unha semana despois de ser ingresado na UCI do Hospital Reina Sofía cordobés, onde entrou tras sufrir unha parada cardíaca. O seu estado de saúde era moi delicado desde entón e este sábado confirmouse a súa morte, aos 78 anos de idade.
Desde o Goberno de España piden á cidadanía fortaleza para chegar fortes mentalmente ao final da semana que vén, que será cando cheguen os días máis duros deste estado de alarma provocado polo coronavirus.
O tempo, a distancia, e a boa vontade son, entre outros, os elementos que axudan a corrixir desencontros, iso din.
Reuníronse na Moncloa. Estaban todos, menos Pablo Iglesias que se borrou da mesma por unha imaxinaria amigdalite, da que se recuperou ao día seguinte con aspecto fresco e riseiro, como o dun neno que acaba de cometer unha travesura, e sabe que ninguén lle vai a rifar.
Din que os problemas van sempre por barrios. Nesta ocasión o PP ten un problema derivado da convocatoria de eleccións en Galicia e Euskadi e a súa coalición con Cidadáns.
O prazo para presentar unha coalición pecha este venres 21 de febreiro, e desde todas as frontes están a apurar ao máximo os prazos nunha negociación espiñenta. Mentres, en redes sociais moitos afiliados e simpatizantes de Podemos Galicia xa mostraron o seu malestar pola apertura do portal de paricipación.
A decisión de Luís Villares, gardando as lóxicas distancias e diferenzas, tráeme a mente outras tamén relevantes como, por caso, as de Xabi Domenech e mesmo Manuela Carmena. Os tres teñen algunhas características comúns e a súa marcha da política tamén garda coincidencias.
Se os políticos queren “roldas de prensa” sen preguntas, que non fagan as convocatorias, que envíen as notas de prensa. Tamén hai outra fórmula máis efectiva: marcharse de lasque non se acepten preguntas ou elixan os xornalistas para preguntar.
Temos que reaccionar e buscar urxentemente a forma de entendernos. Desprezar, si, desprezar, as polémicas estériles como a que agora temos montada en Murcia e en Madrid. E dicirlle ‘non’ aos que discursean en nome de “a súa patria” paraque déixennos en paz.
Pere Aragonés, vicepresidente da Generalitat e coordinador nacional de ERC, fixo pública a decisión da forza catalá de manter o seu acordo co PSOE a pesar da inhabilitación de Quim Torra por parte da JEC e rexeitar que Junqueras poida ser acreditado como eurodeputado.