Que non vos enganen cas súas adrómenas sobre as pensiones

Manoel Barbeitos
Economista

Con motivo das negociacións entre o goberno español (PSOE/UP) e os axentes sociais (UXT, CCOO, CEOE) sobre o sistema público de pensións, multiplicáronse os artigos de opinión, as editoriais, os informes e estudos... que, na súa inmensa maioría, tentan convencernos da inviabilidade do actual sistema público e, por tanto, da necesidade dunha reforma que, unha inmensa maioría, apunta debe ser unha revisión a baixa (maiores dificultades de acceso, menor importe medio) e unha paralela apertura a participación do capital privado. Unha nova andrómena ou, como dirían os anglosaxóns, unha fake new que se explica en base aos intereses que se ocultan tras esas voces.


Por caso, reparemos en que estes negacionistas levan practicamente catro décadas anunciando a "apocalipse pensionil"  sen que esta produciuse ao día de hoxe a pesar do notable incremento tanto do número de pensionistas como dos importes medios. Saibamos tamén que estes sabios son practicamente os mesmos que a as portas da maior crise bancaria da historia do capitalismo (2008), diante dos claros sinais que a anunciaban, trataron de convencernos de que o sistema bancario español gozaba dunha saúde excelente por ser un dos máis solventes de occidente. A realidade xa a coñecemos, o goberno español tivo que saír escopeteado ao seu rescate (61.000 millóns de euros de fondos públicos que o goberno de quenda colleu prestados do Fondo de Reserva das pensións. As pensións pagaron así o rescate bancario) sen evitar o derrube e a práctica desaparición das caixas de aforro. Saibamos tamén que moitos destes profetas defenden, directa ou indirectamente, os sistemas privados de pensións quen ademais de ter demostrando contundentemente nos últimos anos a súa volatilidade e extremo risco non son máis que un negocio para a banca e os fondos de investimento que, non por casualidade son quen está detrás da maioría de tales artigos, informes, estudos...


Con estes antecedentes é fácil aceptar que a credibilidade destes negacionistas da viabilidade do sistema público de pensións é practicamente nula. Por se non fosen suficientes os argumentos anteriores sinalar que hai máis evidencias que, por caso, demostran a falsidade interesada dos argumentos a favor de tal inviabilidade do sistema. Argumentos como que facer previsións demográficas a tan longo prazo non son admisibles o mesmo que poñer o acento nos gastos sen reparar nos ingresos que é onde está realmente o problema.


Non deberían quedar dúbidas sobre as reais intencións da maioría de estes  negacionistas: sementar o medo, crear un estado de ansiedade xeral para así conseguir tanto debilitar á resistencia das clases populares as reformas  regresivas das pensións públicas canto evitar que o debate político céntrese no que resulta decisivo, en se queremos, ou non, un sistema público de pensións, que sexa universal e garante dunhas pensións suficientes. Se seguimos defendendo, como así consta na Constitución Española, que "os poderes públicos garantirán mediante pensións idóneas e periodicamente actualizadas, a suficiencia económica aos cidadáns durante a terceira idade" (Art. 50).


Nun artigo posterior tentarei explicarlle aos lectores como os perigos para o sistema público de pensións non veñen da dinámica demográfica senón das forzas ocultas que tentan finalizar co mesmo por razóns ideolóxicas e intereses de clase.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE