A cegueira política e as súas consecuencias

Manoel Barbeitos
Economista

Meritxell Batet, presidenta do Congreso, cede as presións da dereita xudicial e retira a acta de deputado a Alberto Rodriguez (UP) en contra da opinión dos propios letrados das Cortes e de xuristas de  indiscutible prestixio como, por caso,  o xuíz  Xoaquim  Bosch exportavoz de Xuíces pola  democracia quen discrepaban de tal interpretación da sentencia.

A estas alturas da lexislatura hai algo mais que evidente: o futuro do goberno español de torno (PSOE/UP) está mais nas súas propias mans que nas da oposición (PP/Vox) que so  chegará ao goberno si aquel se fai o haraquiri ou se produce unha hecatombe que, hoxe por hoxe, non se ve no horizonte.


A pesares de ser a primeira experiencia na democracia dun goberno de coalición, da pandemia, da brutal ofensiva das dereitas políticas (PP/Vox) e os seus aliados económicos, xurídicos e mediáticos, este goberno (PSOE/UP) ten garantida a súa reelección na vindeira convocatoria si os partidos que o forman deixan de lado uns comportamentos infantís e irresponsables que aparecen con demasiado frecuencia.


O PSOE, socio maior da coalición, debe aceptar definitivamente que o goberno que preside é de coalición, que UP é un socio (imprescindible) dese goberno polo que axudar a debilitalo, por caso, con accións como a que se reflicte ao principio, e debilitar ao propio goberno, e de rebote ao PSOE pero en beneficio dunha alternativa que pasa pola coalición PP/Vox.


Logo de superar con nota alta a xestión da pandemia -a pesares dos paus nas rodas que lle puxeron tanto o partido líder da oposición (PP) como as autonomías que goberna (Galicia, entre elas)-, de sacar con folgura uns orzamentos expansivos (2022) e de ter ben encamiñados os novos orzamentos (2023) que, sen dúbidas, son os mais progresistas da democracia, de ter canalizado por vías democráticas o conflito catalán, de poñer en marcha unha serie de estabilizadores automáticos (ERTE, IMV....) que non so limitan o impacto recesivo da pandemia senón que benefician aos sectores mais castigados, de aprobar importantes medidas de apoio a colectivos longamente esquecidos.... o escenario político aparece moito mais favorable a repetición da actual forma de goberno (PSOE/UP) que a súa suposta alternativa (PP/Vox).


Moito mais cando as forzas soberanistas e progresistas (ERC, PNV, EHB, BNG, Compromiss, Mais Pais, Teruel existe....), dando probas dunha gran madurez e visión políticas e de non menor sentido da responsabilidade, apostan claramente pola continuidade da coalición. Pero non, loxicamente, gratis.


Sería imperdoable que por comportamentos infantís se perdera a oportunidade de que esta nación de nacións que é España dera un gran paso adiante tanto dende o punto de vista democrático como social. Sería imperdoable por que oportunidades como as actuais non soen repetirse.


Señores/as do PSOE e de UP, de vostedes depende. Non esquezan que a cegueira política soe carrexar consecuencias indesexables.

1 Comentarios

1

Não aprendem, um bom exemplo foi aqui na Galiza com o bipartito, Touriño debería explicar a Pedro a ondo chegarem com as liortas P$ó€ e BNG. Por certo andas um ano adiantado, os orçamentos são de 2021 e 2022 que está em processo

escrito por Carlos GV 28/Out/21    22:31 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE