A marca de hoteis de luxo -controlada á súa vez por Marriott International (cuxo accionariado dominan fondos de investimento de Estados Unidos)- faise co 75% do maior estaleiro privado de España. O definitivo adeus de PEMEX a Galicia evidencia que as grandes promesas de investimentos prometidos por Feijóo quedaron en moitísimo menos do anunciado e deixaron a Barreras ao bordo dunha morte que agora podería esquivar. Iso si, fracasa o intento de compra polas auxiliares galegas e queda todo en mans de fondos de investimento de EE.UU. .
"As auxiliares non teñen interlocutores para avanzar nos proxectos, aos que poder dirixir as súas queixas ou propostas (...).
Vigo espertouse esta mañá cunha noticia que marcará a vida económica e política galega nos próximos anos.
O Goberno Gallego, corresponsable de que o estaleiro pasará a mans dunha Pemex que agora quere saír, di que non moverá ficha mentres a hostaleira, que ten un cruceiro en construción e outro encargado, non desvele que pretende facer
A Xunta promocionou a venda a PEMEX como solución para o naval vigués. Con todo, o cesamento do galego García Costas como presidente mostra ata que punto os mexicanos de López Obradoiro dubidan sobre o futuro do estaleiro. Unha posible solución pasa pola venda a un grupo hostaleiro que encargou xa dúas embarcacións de luxo.
Unha nova auditora para o exercicio 2018, KPMG, destacou as fortes perdas de PEMEX e o seu crecente endebedamento, ademais de fugas de carburantes (ilegais).
Construídos os dous floteles e comprobado que o resto das grandes promesas de Alberto Nuñez Feijóo sobre investimentos mexicanos en Galicia non se van a cumprir nunca, ata que punto salpicará a "limpa"decretada polo presidente de México aos estaleiros Barreiras e Navantia; e mesmo á propia Xunta?
500 millóns de investimento, 4.000 empregos, unha vintena de barcos e unha base no Porto Exterior da Coruña. Estas son algunhas das promesas que fixo Feijóo en 2012 ao fío de acordos con Pemex. A realidade é que só se construíron dous floteles e os mexicanos rescataron a Barreras. Operacións que, ademais, agora están no punto de mira do presidente México. López Obrador anuncia que se van revisar os contratos por sospeitas de "corrupción" e sobrecustos inxustificados.
Conseguir contactos en sectores como a construción naval, o universitario e a automoción. Este é o obxectivo dunha misión comercial do Executivo galego a México durante a ponte de Maio.
A petroleira mexicana non se instalará en Punta Langosteira, tal e como anunciou en 2012 dous meses antes das eleccións.