Barreras podería acabar en mans do fondo voitre americano Oaktree Capital

Vigo espertouse esta mañá cunha noticia que marcará a vida económica e política galega nos próximos anos.


|

Vigo espertouse esta mañá cunha noticia que marcará a vida económica e política galega nos próximos anos. Barreiras, o maior estaleiro de España, solicita preconcurso de acredores e vai camiño de ser comprado por un dos fondos de capital risco de Estados Unidos.


A compañía entra no paso previo á suspensión de pagos por decisión propia. Onte as auxiliares prometían que, a pesar da falta de pagamentos, non forzarían a entrada en concurso de acredores á espera dunha solución.


Howard marks

Howard Marks, cofundador de Oaktree Capital


Solución que pode vir da man dun dos maiores fondos de investimento de Estados Unidos, Oaktree Capital Management. Segundo La Voz de Galicia, os americanos hai días que xa actúan como xestores de feito de Barreiras. Oaktree estaría a revisar con lupa os estados contables do estaleiro vigués.


A empresa de Los Ángeles está especializada en capital risco. Unha das súas principais liñas de negocio é aproveitar dificultades das empresas para entrar no seu accionariado a baixo custo para despois -a miúdo forzando quitas e axustes laborais- vender con plusvalía. Imos, o que se coñece popularmente como un "fondo voitre". 


Para salvar a Barreiras, os investidores americanos piden garantías. O estaleiro necesita para sobrevivir diñeiro que lles permita acabar o cruceiro de luxo en construción para Ritz Carlton. O grupo hostaleiro norteamericano ademais encargara un segundo cruceiro. A gran esperanza para saír á boia é que Barreiras, entre os encargos de Ritz Carlton e outros, ten unha carteira de pedidos de 900 millóns.


Os americanos, segundo A Voz, esixen garantías para darlle aire a  Barreiras. Non só quitas a provedores, senón tamén diñeiro público, polo menos como aval. Tanto a Xunta como o Estado terían que facer avalista dun novo crédito sindicado coa banca.


Cuestión que suscitará, sen dúbida, un amplo debate político en Galicia. Non en balde, da Xunta partiu a chegada do que aínda é o principal accionista, Pemex.


As enormes promesas realizadas por Alberto Nuñez Feijóo ao fío de desembarco de Pemex, ducias de barcos e construción dunha base en Punta Langosteira entre outras, concretáronse finalmente nun único flotel.


O investimento mexicano torceuse aínda máis co cambio de goberno. O executivo de esquerdas de López Obradoiro asegura que houbo corrupción en moitos dos contratos de Pemex, entre eles os realizados con estaleiros españois. De feito, un dos directivos que negociou no seu día coa Xunta foi imputado pola Xustiza.


Está claro que Pemex quérese desfacer do accionariado de Barreas. A semana pasada forzou a saída do temón de José García Costas.


Oaktree é coñecido en España principalmente polos seus investimentos en Campofrío, Panrico e o sector inmobiliario



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE