500 millóns de investimento, 4.000 empregos, unha vintena de barcos e unha base no Porto Exterior da Coruña. Estas son algunhas das promesas que fixo Feijóo en 2012 ao fío de acordos con Pemex. A realidade é que só se construíron dous floteles e os mexicanos rescataron a Barreras. Operacións que, ademais, agora están no punto de mira do presidente México. López Obrador anuncia que se van revisar os contratos por sospeitas de "corrupción" e sobrecustos inxustificados.
Conseguir contactos en sectores como a construción naval, o universitario e a automoción. Este é o obxectivo dunha misión comercial do Executivo galego a México durante a ponte de Maio.
A petroleira mexicana non se instalará en Punta Langosteira, tal e como anunciou en 2012 dous meses antes das eleccións.