O directivo de PEMEX que se facía fotos con Feijóo, hoxe "prófugo" da Xustiza

Construídos os dous floteles e comprobado que o resto das grandes promesas de Alberto Nuñez Feijóo sobre investimentos mexicanos en Galicia non se van a cumprir nunca, ata que punto salpicará a "limpa"decretada polo presidente de México aos estaleiros Barreiras e Navantia; e mesmo á propia Xunta?


|

Andrés Manuel López Obrador (AMLO) está disposto a limpar PEMEX de corrupción aínda que isto teña repercusións internacionais. O presidente de México deixouno claro cando o mércores vinculou contratos "onde non había un trato xusto para Pemex"  con estaleiros españois.


"Está a levarse a cabo unha limpa en Pemex. Acabouse coa corrupción en Pemex. Non hai xa corrupción nos mandos superiores. Todo ese trafique de contratos e de compras con sobreprezo que había xa se terminou", dixo o presidente esquerdista en rolda de prensa na sede do Executivo.


Construídos os dous floteles e comprobado que o resto das grandes promesas de Alberto Nuñez Feijóo sobre investimentos mexicanos en Galicia non se van a cumprir nunca, ata que punto salpicará a "limpa"decretada por AMLO aos estaleiros Barreras e Navantia; e mesmo á propia Xunta?


UN FLOTEL A ESTREAR PARADO DURANTE UN ANO EN FERROL

Os estaleiros públicos da Ría de Ferrol entregaron o flotel Cerro de la Pez  con 8 meses de atraso sobre o calendario previsto incialmente. PEMEX anunciou que quería vendelo, ao principio polos 130 millóns que acordou pagar a España. 


O flotel pasou un ano parado, amarrado en Galicia, acumulando gastos de mantemento, sen que aparecese comprador. Partiu finalmente en maio do ano pasado pero segue sen venderse, a pesar de rebaixar o prezo a 80,4 millóns polo buque por este buque de 700 prazas sen estrear.  


OUTRO FLOTEL INFRAUTILIZADO E EN VENDA

Tamén runioso para PEMEX foi o negocio do outro flotel, entregado por Barreras en Vigo en 2016. O Reforma Pemex tamén está a a venda. A diferenza do seu xemelgo, está en activo, pero infrautilizado en Campeche, pois PEMEX non necesita todas as súas 700 prazas.


VÍNCULOS DA OPERACIÓN BARRERAS CON PARAÍSOS FISCAIS

Ademais de abrir un fronte xudicial, México está a alixeirar PEMEX nun intento de salvala da súa masiva débeda. Xa extinguiu 6 sociedades e pretende finalizar outras cinco, algunha que opera en paraísos fiscais, segundo a prensa azteca.


Entre as que se salvaría estaría PMI Holdings Petroleiros España SL, filial madrileña que á súa vez posúe o 51% das accións do estaleiro vigués Barreras. PMI Holdings Petroleiros España SL foi fundada inicialmente nun paraíso fiscal, Curaçao.


A que non se salvará e PMI Holdings BV, filial holandesa a través da cal se realizou a compra de Barreras. Fíxose através de Holanda porque, a pesar de ser membro dela UE, a lexislación local permite pagar menos impostos polas operacións dalgunhas filiais. Por iso Holanda é o lugar onde moitas multinacionais montan estruturas financeiras para aforrarse tributos montando á vez filiais en paraísos fiscais extracomunitarios, o que na xerga tributaria coñécese como "sándwich holandés".


CAÍDA DE LOZOYA 

Sobre Emilio Lozoya, quen foi director da petroleira de 2012 a 2016, pesa unha orde de detención, que no seu momento foi supendida temporalmente, por lavado de capitais. O Distrito en Materia Penal na Cidade de México levantou esa suspensión a semana pasada -non pagou a fianza fixada- e varios medios mexicanos aseguran que agora mesmo a súa situación é a de prófugo. AMLO dixo  esta semana que non se vai a permitir a impunidade en un proceso xudicial que promete ser longo e enmarañado.


Lozoya é unha cara coñecida en San Caetano, pois é un dos interlocutores de Feijóo nos negocios con Pémex. Aínda en 2014,  o presidente galego agradecíalle que "se cumpriu o acordo estratéxico asinado con Galicia". Nesa nota -ademais dos floteles- prometíase "a contratación da frota menor, tanto remolcadores como barcazas e buque-tanque (ou buque multipropósitos), unha frota menor para a que, segundo confirmoulle o propio Lozoya, a Secretaría Xeral de Mariña concretará nas próximas semanas os estaleiros adxudicatarios".


140314 Feijoo pemex2 lozoya


Feijóo na sede de Pemex nunha foto difundida no seu día pola Xunta


De todos eses barcos, como da prometida base loxística  en Punta Langosteira, non se soubo máis. Do que se soubo é do suposto  intento dos dirixentes de PEMEX de librarse do 51% de Barreras a prezo inferior ao do mercado durante o período de transición antes da saída de Pena Nieto chegada ao goberno de AMLO.  Operación que foi parada in extremis e que é un dos motivos das leas xudiciais de Lozoya; o outrora poderoso directivo que lle facías as beiras Feijóo e hoxe prófugo da Xustiza.


EXPLICACIÓNS NO PARLAMENTO

O BNG pediu hoxe  a comparecencia do conselleiro de Industria, Francisco Conde, ante supostas irregularidades detectadas nos contratos da petroleira mexicana Pemex con Galicia.


A portavoz de industria, Noa Presas, insta o Partido Popular a explicar "as súas relacións con Emilio Lozoya, Carlos Roia e José Manuel Carrera Panizzo", directivos de Pemex que, asegura, "foron bendicidos polo goberno de Feijóo" pero están a ser investigados por "corrupción".


Pola súa banda, el secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), Enrique M. Mallón, defendeu a "legalidade" da entrada de Pemex no accionariado de Barreiras ante a revisión de contratos con estaleiros por parte da empresa mexicana anunciada polo Goberno do país latinoamericano.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE