A oposición pide que Feijóo explique no Parlamento os seus tratos co detido de Pemex
Todas as forzas da oposición unen forzas para reclamar que o presidente da Xunta compareza na Cámara galega.A maioría do PPdeG seguramente o rexeitará.
Todas as forzas da oposición unen forzas para reclamar que o presidente da Xunta compareza na Cámara galega. A maioría do PPdeG seguramente o rexeitará.
PSOE, BNG, Galicia en Común e En Marea asinan unha petición hoxe á Deputación Permanente do Parlamento de Galicia, que está baixo mínimos pola convocatoria electoral. Piden que o presidente compareza na Cámara para explicar as súas relacións con Emilio Lozoya Austin.
O expresidente de Pemex está preso pola Audiencia Nacional. México pediu a súa extradición. Alí a Fiscalía Xeral da República investígao por catro supostos casos de corrupción, incluído o presunto pago de sobreprezo polo estaleiro galego Barreiras.
Feijóo animou á xustiza azteca a investigar, seguro de que nada hai que afecte á Xunta, que patrocinou esa compra.
Escribe o teu comentario