patacas

Inspección de Traballo busca fraudes laborais na recollida da pataca

Funcionarios escoltados pola Garda Civil preséntanse nas colleitas e multan a veciños e familiares que axudan aos produtores.

Medio Rural dá por "controlada" a praga da pataca aínda que non por "concluída"

Comeza unha segunda revisión para que ningunha parcela das zonas afectadas eescape da prohibición.

O pedrazo bota a perder 10.000 toneladas dos cultivos da Limia

Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio son os concellos máis afectados. Os agricultores aínda están a calcular as perdas económicas.

Só en Lugo retiráronse xa máis de 30 toneladas de patacas

Os traballos de recollida esperan concluírse este mes, en canto pasen unha segunda vez polos 18 concellos afectados pola praga na provincia.

As axudas pola praga da pataca poden solicitarse desde hoxe

As indemnizacións oscilan entre os 30 e os 70 céntimos por quilo, en función dun baremo establecido.

A praga da pataca non sae de momento dos 31 concellos afectados

Continúan os controis ao transporte tamén nas zonas "tapón". Agricultura estuda traer o protocolo canario a Galicia e Asturias.

O rural reclama axudas para as familias que non poden plantar patacas

En 31 concellos está en vigor a prohibición. O decreto contempla compensacións só a quen teña que levantar as xa plantadas e destruílas.

Cume galego para abordar a praga da pataca

Alcaldes da Limia, almacenistas e Unións Agrarias reúnense con Medio Rural para debater medidas urxentes contra a polilla guatemalteca.

Quen plante patacas nos municipios afectados pola praga debe notificalo á Administración

A Xunta amplía as medidas urxentes que afectan a produtores profesionais e ao autoconsumo.

Sospeitan que a praga da pataca chegou a Galicia desde Canarias

Agricultura baralla como hipótese máis probable que entrase "de forma irregular" por un particular "para uso propio".

Asturias detecta a praga que afecta as patacas en zonas próximas a Galicia

O Principado elabora un rexistro no que todos os produtores, incluídos os de autoconsumo, teñen que declarar canto van sementar este ano.

Pataca de Galicia admite "preocupación" por se a praga chega a zonas produtoras

A IXP confía nas medidas que se van tomar para que non se estenda desde as zonas de autoconsumo a Bergantiños e A Limia.

Prohibido plantar patacas no norte de Galicia para erradicar unha praga

A coñecida como 'polilla guatemalteca' afecta a 31 concellos da Coruña e Lugo. Aínda non entrou en vigor, pero o Ministerio decretará a prohibición "nun mes ou mes e medio".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE