Medio Rural dá por "controlada" a praga da pataca aínda que non por "concluída"

Comeza unha segunda revisión para que ningunha parcela das zonas afectadas eescape da prohibición.


|

PatataalmacenPatacas, nun almacén.

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, recoñeceu este luns en Lugo que "a pataca foi a gran protagonista este ano". "Primeiro foi a couza guatemalteca, que podemos dicir que hai un certo control, e agora os factores meteorolóxicos", sostivo.


Sobre o "pedrisco" que levou varias toneladas do tubérculo, na zona de Ourense, confirmou que se "está facendo un estudo por parte das oficinas sobre o terreo". "E, a partir de aí, trataremos de tomar decisións como foi coa xeada nos viñedos", concluíu.


"Ben é certo que é unha zona (A Limia) que vive case e exclusivamente da pataca e non podemos permitir que a xente quede sen algo fundamental que é o salario do día a día, a partir dun cultivo así", subliñou.


En canto a axudas, Vázquez puxo de relevo e apelou a que "por parte da Xunta e da Consellería faise un gran esforzo para que a xente poida dispoñer de seguros agrarios". "E imos insistir nese ámbito", abundou.


"Están a facerse certos cambios e así se lle pediu ás organizacións agrarias para que contribuísen. Creamos unha comisión específica para facer un seguimento de seguros e ver porque en Galicia o número de seguros, non no caso dos animais que temos cuberto o cento por cento, pero se en producións agrarias son menores que noutras comunidades. Algo está a fallar", lamentou sobre a necesidade de concienciar respecto diso de asegurar producións e cultivos.


ESFORZO


En canto á praga da couza guatemalteca, que afecta sobre todo a concellos da Mariña de Lugo, insistiu en que se pode dicir que "está controlada, pero non quere dicir que estea concluída".


"O esforzo foi importante por parte de todos, a contribución dos concellos foi fundamental e a parte técnica que foi indispensable. A partir de agora comézase unha segunda revisión e, por tanto, no caso de que se teña coñecemento dalgunha parcela que non foi dada a coñecer tomaranse as determinacións importantes porque este é un problema de todos e todos debemos contribuír", defendeu.

relacionada O pedrazo bota a perder 10.000 toneladas dos cultivos da Limia
relacionada 250.000 euros para indemnizar a 374 agricultores afectados pola praga da pataca

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE