O pedrazo bota a perder 10.000 toneladas dos cultivos da Limia

Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio son os concellos máis afectados. Os agricultores aínda están a calcular as perdas económicas.


|

PatataslimiaplantasCampo de patacas esnaquizado pola saraiba. //Foto: SLG


A meteoroloxía deste ano está a estragar multitude de colleitas en Galicia. Seca, xeadas na primavera e, agora, saraiba no verán.


As tormentas desta semana provocaron grandes desfeitas nos campos da comarca da Limia, o principal motor económico da zona. Os agricultores estiman que unhas 10.000 toneladas de pataca botáronse a perder nos últimos días.


Nun cuarto de hora, a saraiba 'alagou' a zona da desecada lagoa Antela, provocando danos no trigo, os chícharos, os repolos e as patacas.


As plantas mostran agora os golpes das pedras de xeo que acabaron con elas, provocando perdas millonarias, que aínda están por concretar.


Os concellos máis afectados son Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio. O primeiro deles xa acordou por unanimidade declarar zona catastrófica e o segundo prevé facelo a semana que vén.


Pola súa banda, o Sindicato Labrego Galego esixe axudas inmediatas para os agricultores afectados pola saraiba a través de liñas brandas de créditos e, no seu caso, de exencións da cotas da Seguridade Social e rebaixas nas cotizacións do IRPF.


Pola súa banda, o sindicato Unións Agrarias anunciou a ampliación do abanico de afectados que recolle a súa proposición non de lei de iniciativa popular, para a que se están recollendo firmas, de apoio nas zonas produtoras de viño e castaña para concretar axudas polas xeadas do pasado mes de abril.


Con esta modificación, o escrito, que xa conta co visto e prace da Mesa do Parlamento, pretende incluír aos produtores de pataca dos concellos de Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio que perderon toda a colleita coa saraiba das últimas horas. En total, cifran as perdas en 12.000 toneladas, é dicir, un 6 por cento do total da produción galega, tal e como precisou o sindicato agrario nun comunicado.

relacionada Tractorada en Viana do Bolo para denunciar a falta de apoio da Xunta tras as xeadas
relacionada A Xunta insiste que os viticultores contraten seguros, a súa "materia pendente"
relacionada As xeadas danaron o 90% dos viñedos da denominación de orixe de Monterrei

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE