As xeadas danaron o 90% dos viñedos da denominación de orixe de Monterrei

|

Heladavinhedo


Os danos pola xeada da semana pasada afectaron ao 90% dos viñedos da denominación de orixe de Monterrei, entre o 60% e 70% de Valdeorras, 30% de Ribeiro e 20% de Ribeira Sacra.


Diso informou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, tras coñecer os datos oficiais en base ás análises realizadas por técnicos nos últimos días.


Durante a súa visita a Monterrei, a conselleira confirmou que esta foi a denominación de orixe máis afectada, polo que empraza a "ir coa realidade", "non hai que aumentar datos nin diminuír datos", e "a partir de aquí toca tomar as determinacións".


Respecto das axudas, a conselleira de Medio Rural afirmou que non quere "enganar a ninguén", xa que "é imposible articular unha axuda directa por quilo de uva" perdido. Con todo, Ángeles Vázquez garante que se implementarán instrumentos de apoio como poidan ser bonificacións fiscais ou créditos brandos, a falta de concretalos.


Para iso, sinala que abordará o apoio coas peticións dos consellos reguladores, alcaldes da zona, así como da man do resto das consellerías. Con todo, recoñece que "cando son axudas non se pode esperar dúas ou tres meses".


Preguntada sobre se haberá apoio a produtores por perdas de produtos como castañas, Ángeles Vázquez referiuse ao "tempo cambiante" que provoca que as floracións sexan entre "20 e 30 días" antes do que deberían, de forma que as xeadas afectaron tamén "o resto da horta". Así, espera que "chova un pouco" e que as temperaturas volvan "ao compás das estacións".

relacionada Unións Agrarias solicita a Medio Rural unha mesa de xestión de danos polas xeadas
relacionada A Xunta avaliará os danos das xeadas nas vides antes de implementar axudas
relacionada A Deputación de Ourense pide declarar zona catastrófica os viñedos afectados por xeadas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress