As axudas pola praga da pataca poden solicitarse desde hoxe

As indemnizacións oscilan entre os 30 e os 70 céntimos por quilo, en función dun baremo establecido.


|

Patataalmacen


Os afectados pola praga da pataca da couza guatemalteca poderán solicitar desde este xoves, 27 de abril, e ata o 30 de setembro, indemnizacións á Xunta.


Na orde publicada este mércores polo Diario Oficial de Galicia (DOG) inclúese un baremo de indemnizacións que vai desde os 30 céntimos por quilo para o tubérculo de consumo producido na explotación ata os 70 céntimos por quilo para a pataca de semente. Nas plantacións en zonas infestadas fíxase unha indemnización de 40 céntimos por metro cadrado de superficie plantada.


Ademais, haberá indemnizacións para os almacéns comercializadores, neste caso é o prezo de compra, que deberá estar debidamente xustificado mediante factura de venda do provedor de pataca de semente ou para consumo.


A entrega de patacas aos servizos oficiais realizarase mediante sacos orixinais, sempre que non fosen abertos, ou nos sacos entregados por Medio Rural.


Esta orde conta con un orzamento inicial de 250.000 euros --que poden incrementarse con fondos adicionais--, e tamén inclúe axudas para os titulares de plantacións de piñeiros destruídas como consecuencia da detección do fungo causante do chancro resinoso do piñeiro.


O baremo de subvencións aquí oscila entre os 0,108 e os 0,144 euros por planta, en función do número de exemplares que se vaian compensar. O prazo de presentación de solicitudes tamén vai do 27 de abril ao 30 de setembro.

relacionada A praga da pataca non sae de momento dos 31 concellos afectados
relacionada Comezan os controis sobre a praga da pataca na Coruña e Lugo
relacionada O Goberno aproba estender cinco anos o plan para erradicar a praga da pataca

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE