Comezan os controis sobre a praga da pataca na Coruña e Lugo

Con estes controis vai supervisarse o transporte en todo tipo de vehículos e establecerse unha zona de corentena para illar a colza


|

Patatascesto


O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, ratificou que este xoves comezaron os controis, na provincia da Coruña e na de Lugo, por parte "da Garda Civil e a Consellería do Medio Rural e na Coruña por parte da Policía Autonómica con técnicos de Medio Rural", sobre a praga da pataca.


Segundo concretou que "os controis se fan, hai 31 concellos afectados e outros cinco que fan de fronteira para facer un efecto tapón e non se poida transmitir a colza guatemalteca". "Son controis cos que van vixiar tanto o transporte, vehículos de transporte como vehículos particulares que poidan levar esa pataca", concretou.


"Trátase de establecer unha zona de corentena, onde sabemos que neses 31 concellos durante un tempo (dous anos) non se vai poder cultivar, non se vai poder nin recoller, nin sementar pataca coa finalidade de illar esta polilla que entrou nestes 31 concellos e non se estenda ao resto da comunidade", explicou Villanueva.


No caso de que neses controis se detectase "algún vehículo con ese tipo de tubérculo afectado, requisaríase a mercadoría e por parte dos técnicos de Medio Rural procederíase ao traslado do material e á destrución do mesmo", segundo engadiu.


Villanueva apelou a "concienciar á poboación de que non se pode sacar pataca dese sitio". "Hai 31 concellos afectados e non queremos que ningún outro concello da nosa comunidade se poida contaxiar", subliñou.


Tamén lembrou que as multas poden oscilar entre os 300 e os 3.000 euros.

relacionada Permitido o cultivo "excepcional" de pataca nas zonas de praga con "fins científicos"
relacionada O Goberno aproba este venres a prohibición de plantar patacas en 31 concellos
relacionada O rural reclama axudas para as familias que non poden plantar patacas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE