O Goberno aproba estender cinco anos o plan para erradicar a praga da pataca

Destruirán as colleitas afectadas e as que se gardan nos almacéns para que non saia das zonas de autoconsumo.


|

Patatacoristanco


O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto polo que se aproba o Programa Nacional de Medidas de control e erradicación para a Tecia Solanivora, a couza guatemalteca que afecta as patacas en Galicia e Asturias.


Segundo anunciou o ministro portavoz do Goberno, Íñigo Méndez de Vigo, o programa terá unha vixencia de cinco anos e busca evitar esta "praga" que afecta de forma negativa aos cultivos no campo e ás patacas que se gardan en almacéns especialmente a Galicia e ao Principado de Asturias.


O plan inclúe medidas preventivas que se basean en prospeccións e controis sistemáticos para descubrir a presenza desta couza, tanto en almacéns coma en plantacións.


Ademais, establece actuacións para a erradicación, tales como delimitar a zona afectada e a zona tampón ou de protección así como a destrución do material contaminado coa correspondente indemnización.


A couza guatemalteca é unha das pragas de maior importancia económica no cultivo da pataca, e está regulada na UE como organismo de corentena. Así mesmo, uns controis que tamén se aplicarán en lugares de venda de pataca situados nas que se determinen como zonas de risco, cuxa delimitación se definirá no marco do Comité Fitosanitario Nacional.


Tamén establece que no caso de que se confirme oficialmente a presenza da praga se acometan actuacións para a erradicación, como a delimitación da zona afectada e da zona tampón ou de protección.


Nestas áreas determínanse medidas como a prohibición de plantación de cultivos e a restrición de movementos no caso das zonas afectadas, así como os tratamentos fitosanitarios e as condicións de circulación de vexetais nas zonas tampón.


DANOS


A importancia da praga radica tanto nos danos que produce aos tubérculos no campo, como os que posteriormente se producen no almacén, onde se dan condicións ideais para a súa multiplicación.


En canto á situación epidemiolóxica da Tecia, Méndez de Vigo dixo que na actualidade a súa presenza concrétase en Canarias, onde se detectou en 2015, na Coruña, recentemente en Lugo, e en Asturias.


Por iso, a loita contra esta praga considérase de utilidade pública non só polas importantes perdas que ocasiona no cultivo de pataca senón que ademais afecta de maneira moi grave ás súas exportacións ou intercambios con outros Estados Membros da Unión Europea, que é un dos mercados de vital importancia para a produción de pataca de tempada temperá na maior parte de áreas produtivas deste cultivo en España.

relacionada O Goberno aproba este venres a prohibición de plantar patacas en 31 concellos
relacionada Ourense pide á Xunta non esperar ás medidas que ordene Madrid contra a praga da pataca
relacionada Con medidas estritas a praga da pataca erradicarase "nun ano"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE