Só en Lugo retiráronse xa máis de 30 toneladas de patacas

Os traballos de recollida esperan concluírse este mes, en canto pasen unha segunda vez polos 18 concellos afectados pola praga na provincia.


|

Patataalmacen


O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, informou este martes de que se retiraron un total de 30.200 quilos de patacas desde a pasada semana en cinco municipios da provincia coa praga de couza guatemalteca.


Ata agora recolléronse estas patacas nos concellos de Abadín, A Pontenova, Alfoz, Riotorto e Xove. Son 18 os municipios afectados na provincia de Lugo: todos os da Mariña, ademais da Pastoriza e Abadín.


"Imos seguir recollendo nos municipios que faltan e volveremos, por suposto, nunha segunda volta aos concellos nos que estivemos", remarcou.


Así, espera que "ao longo deste mes" estean concluídos os traballos de recollida se se segue co "ritmo" da última semana. Neste sentido, o delegado da Xunta apela á colaboración "de todos" para "erradicar" este problema.


"As institucións son as que teñen que empezar dando exemplo, empezando pola Xunta de Galicia, que é a que ten as competencias, seguindo polos concellos e, en definitiva, tamén polos veciños", subliñou. "Non foi fácil tomar unha decisión destas pero se queremos erradicar esta praga non queda máis remedio que tomar unha decisión, ben sexa un ano ou dous anos, e iso é o que fixo o Goberno de Galicia", agregou.


Por tal motivo, pide a "colaboración" dos "alcaldes deses concellos", "porque o resto xa o pon a Administración autonómica".

relacionada Comeza a retirada de pataca en catro concellos afectados pola praga
relacionada As axudas pola praga da pataca poden solicitarse desde hoxe
relacionada A praga da pataca non sae de momento dos 31 concellos afectados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE