Comeza a retirada de pataca en catro concellos afectados pola praga

Darío Campos, que é alcalde dun dos municipios esixe "máis información" por parte da Xunta porque existe "certa confusión" entre os veciños.


|

Patatassacos


A retirada de pataca comezou este martes en catro dos 31 concellos afectados pola praga da couza guatemalteca, co depósito en sacos, traslado seguro por estrada e posterior destrución.


En concreto, os catro municipios nos que comeza esta retirada --nuns traballos que se realizarán durante este martes e mércores nestes concellos-- son os lugueses de Riotorto e A Pontenova, así como os coruñeses de Cabanas e Ares.


Respecto diso, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, sinalou que esta retirada realizarase en máis de 4.000 leiras nos 31 concellos afectados, nuns traballos que se prolongarán ao longo das próximas semanas.


O comezo dos traballos de retirada realizáronse "con normalidade", co apoio dun dispositivo da Garda Civil de Tráfico para que se faga o traslado con seguridade ata a súa incineración.


Ademais, a conselleira explica que, polo momento, non se atoparon con "ningún tipo de reticencia", á vez que apunta que nos concellos onde se realizan os traballos emitíronse bandos informativos, mentres pide "paciencia" aos afectados.


Deste xeito, Ángeles Vázquez defendeu a "contundencia" da Xunta para actuar contra esta praga, a través da delimitación de zonas, a colocación de couceiros en toda Galicia, así como o financiamento de indemnizacións para afectados.


DARÍO CAMPOS RECLAMA "MÁIS INFORMACIÓN"


Pola súa banda, o alcalde da Pontenova e presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, reclamou á Xunta "mais información", "porque hai dúbidas ao redor da recollida da pataca".


Sobre este extremo, indica que veciños o chamaron "persoalmente" para ver "o que tiñan que facer", posto que existe "certa confusión" sobre se "teñen que arrincala eles e darlla á empresa que a vai recoller para eliminar a pataca".


"En principio hai certa confusión entre os veciños porque non saben moi ben se son as que teñen plantadas, se son as de semente, se son as que quedan da campaña pasada, diso había que informar máis", queixouse Darío Campos.


En canto ao volume de patacas afectadas na Pontenova, expuxo que a maioría dos veciños plantan para "autoconsumo", polo que en cantidade é "moi pouca". "Plantáronse moi poucas, pero algunha si hai plantada e xa está denunciada", agregou.

relacionada As axudas pola praga da pataca poden solicitarse desde hoxe
relacionada A praga da pataca non sae de momento dos 31 concellos afectados
relacionada Comezan os controis sobre a praga da pataca na Coruña e Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE