A mesma semana que a Policía asalta un buque con cocaína no Atlántico desatando a detención de ducias de galegos, entre eles varios históricos como os Charlines, aparece máis droga nun contedor, sen que se saiba por agora quen a ía recoller.
Charly, tamén coñecido como Sandokán, foi investigado en numerosas ocasións, pero nunca condenado por narcotráfico
En Galicia segue habendo señores da "Fariña". Clans organizados que importan grandes cantidades de droga e que son moito máis discretos que os seus famosos antecesores. Noutra cousa se coinciden con eles, iso si. Teñen "topuas" entre os axentes galegos antidroga, como proba esta nova sentenza.
O máis famoso dos casos de secuestro xudicial dos últimos anos entra en fase de xuízo oral. O ex-alcalde do Grove polo PPdeG reclámalle a Nacho Carretero que saque o seu nome da publicación. Iso e unha indemnización de 500.000 euros.
A Nacho Carretero gustoulle La Marea Roja. Recoñéceo o autor de Fariña no prólogo desta obra que acábase de presentar en Galicia. Unha novela que tamén cultivou os eloxios do xuíz Garzón. Entrevistamos o seu autor, José Manuel Do Río -avogado galego emigrado a Barcelona- sobre a Galicia dos 90. Falamos de, entre outros temas, The Wire, do valor das nais contra a droga e do que en realidade alimenta o narcotráfico.
«Esta é a novela que me gustaría escribir á miñá. Unha xoia» . Así define o prologuista Nacho Carretero, autor da famosa Fariña, o novo libro de José Manuel del Río, quen esta semana percorre Galicia para presentalo en varios actos. Prólogo completo no interior.
As zonas de chabolas de Ferrolterra eran o destino da droga aprehendida tras unha persecución policial a un vehículo que fixo unha manobra estraña ao ver un control.
En 2017 interceptáronse 13 toneladas de cocaína con destino a Galicia, cifras que lembran á época dourada do narcotráfico nas rías.
Tania Varela non é unha prófuga calquera. Figura en todas as listas internacionais de persoas máis buscadas. Ex-noiva do fillastro de Oubiña, leva fuxida desde 2013 tras escapar para non cumprir unha condena de sete anos pola súa relación cun enorme alixo de cocaína.
Sito Miñanco acábase de sentar na Audiencia de Pontevedra para dar explicacións sobre o seu inxente patrimonio. Agora tócalle a quenda a Rosa María Charlín e o seu marido, que xa foron condenados no seu día por delitos contra a saúde pública.
A Audiencia provincial de Pontevedra está a xulgar a Sito Miñanco e os seus familiares por branqueo de capitais. A Fiscalía pide a disolución dunha inmobiliaria que comprou numerosísimos inmobles con diñeiro procedente, presuntamente, do narcotráfico. Analizamos o valor e localización deste enorme imperio de casas e leiras, por valor de máis de 4 millóns.
O letrado do narco cuestiona a competencia do tribunal, a prescrición de delitos ou mesmo a imparcialidade dos maxistrados. Sito Miñanco volve hoxe a sentar no banco dos acusados tras a súa detención na Operación Mito. Faino desafiante, cuestionando a imparcialidade do tribunal. En xogo, o pequeno imperio que articulou a través dunha inmobiliaria de Cambados, a nome dunha das súas fillas.
Libros do K.O. nega liberar un pdf de 'Fariña' que está a circular por 'WhatsApp' e tamén pide non facer caso ao "mercadeo" de segunda man "a prezos abusivos". O libro electrónico pódese comprar legitimamente na páxina da editorial, pero o certo é que hai meses que o libro se pode atopar gratis na Rede.
O intento de secuestro xudicial dun volume sobre o narcotráfico galego pódelle saír pola culata a un dos históricos alcaldes da dereita nas Rías Baixas. Son numerosos os libreiros que aseguran que o libro 'Fariña', obra do xornalista galego Nacho Carretero, esgotouse, ao transcender que o exalcalde do Grove (Pontevedra) José Alfredo Bea Gondar pediu no xulgado . A falta de depositar a fianza, esta medida cautelar leva tamén a prohibición de imprimir e comercializar exemplares.
Unha xuíza ordena esta medida cautelar tras a denuncia dun exalcalde do PP , que fala de "contido calumnioso" na obra de Nacho Carretero.