narcotráfico

"Oficina" e "caixón dispensador" para droga nun poboado de chabolas da Vacariza, en Narón
O grupo familiar arrestado tiña nunha adega, disimulado detrás dun enchufe, un zulo para esconder tamén o diñeiro
Golpe importante ao narcotráfico: dúas toneladas de cocaína intervidas nas costas de Lugo e nove detidos
Unha operación antidroga conxunta de Vixilancia Aduaneira, Garda Civil e Policía Nacional saldouse con nove persoas detidas e uns 2.000 quilos de cocaína intervidos fronte á costa de Lugo.
Narcotraficante deixa o control da Residencia Salvatierra, intervida e investigada por falta de medios


Residencia Salvatierra SL é a entidade xestora do asilo de Salvaterra de Miño. A Xunta interveuna en outubro ao entender que os donos eran incapaces de controlar un brote de coronavirus. 

Abordaxe a un remolcador repleto de droga tras chamar a atención de Vixilancia Aduaneira en Galicia (vídeo)

O 'Cyklo 1' anda polos 80 anos e hai tempo que non constaba ningunha reforma nin traballo. Arribou en Cariño hai unhas semanas, levantando as sospeitas dos funcionarios galegos. Sospeitas que se confirmaron hoxe ao abordar o barco.

Sito Miñanco e o avogado de Puigdemont, Gonzalo Boye, a xuízo por narcotráfico e branqueo, propón a Audiencia Nacional
A xuíz da Audiencia Nacional María Tardón propuxo xulgar a José Ramón Prado Bugallo, 'Sito Miñanco', e a outras 45 persoas físicas, entre elas ao avogado Gonzalo Boye pola súa presunta participación en dúas operacións coas que pretendían introducir en España case catro toneladas de cocaína e pola creación dun armazón criminal para branquear o diñeiro obtido coa droga.
O forte cheiro a haxix delata a un pontevedrés detido con 10 quilos ocultos no seu coche á altura de Palencia
O xuíz decretou o ingreso en prisión dun home, veciño de Pontevedra, tras ser detido cando circulaba á altura da localidade pacense de Monesterio, con case 10 quilos de pole de haxix oculto nos paneis das portas do vehículo.
1.300 quilos de cocaína procedente de Colombia incautados, outra vez en Marín (Vídeo)

Unha perigosa banda con antecedentes de homicidio cae cando ía recoller máis dunha tonelada de droga en Galicia. Con esta incautación, outra vez en Marín, Galicia aproxímase a cifras récords de aprehensións de coca na súa historia. Confírmase así o rexurdir dos clans galegos, máis discretos pero igual de fiables para dar saída á sobreproducción columbiana.

Asaltos contra narcos e guerrilleiros disidentes da FARC que trafican con clans galegos

O exercito colombiano entra a tiros nun laboratorio dos disidentes da Fronte 21 do antigo grupo armado e os GEO desarticulan outro laboratorio en España. Segundo a Policía, a organización ten relación con narcos de Galicia. De feito, relacionan a "sobreproducción" de cocaína co narcosubmarino de Aldán.

Primeiras fotos e vídeos do submarino con droga interceptado en Galicia

O 'narcosubmarino' afundido na Ría de Aldán segue baixo o mar, a pesar de que as autoridades pasaron todo este luns traballando no seu reflotamiento.Segundo fontes próximas á operación, o seu rescate é complicado xa que ao deixar a escotilla aberta os narcos lograron que se enchese de auga.

Detidos na Coruña, Betanzos, Culleredo, Vigo e Moaña na Operación Beautiful contra o narcotráfico e o branqueo
A Operación 'Beautiful', que permitiu o arresto de máis de 40 persoas implicadas na maior rede do Levante español dedicada ao narcotráfico e ao branqueo de capitais, conlevou tamén a detención de cinco persoas en Galicia.
Os detidos polo alixo de media tonelada de cocaína en Marín enviados a prisión
A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Marín acordou prisión provisional, comunicada e sen fianza para os cinco detidos na provincia de Pontevedra en relación cun alixo de 500 quilos de droga intervido pola Policía Nacional a semana pasada.
Gran operación antidroga en Marín, Pontevedra e Vigo con varios detinidos e media tonelada incautada
A Policía Nacional ha detido a seis persoas e inverenidos 500 quilos de droga no marco dunha operación antidroga que este xoves levou a cabo cun amplo despregamento no barrio pontevedrés de Estribela e no municipio veciño de Marín (Pontevedra).
Incautada gran cantidade de droga na nave dunha empresa que recibiu millóns de subvencións de la Xunta e o Estado

Soluciones Poligráficas é unha compañía das Somozas que está entre as máis beneficiadas do Plan Ferrol e recibiu axudas do IGAPE, o Ministerio de Industria e o Banco Europeo. Axentes da Garda Civil despregaron nas últimas horas deste martes un importante dispositivo contra o tráfico de drogas, tras localizar unha importante cantidade de substancias estupefacientes nunha nave industrial situada no polígono industrial das Somozas (A Coruña).

(Vídeo) Así foi a abordaxe do Gure Leire, galegos e vascos detidos por alixo de 2.500 quilos de cocaína
O pesqueiro vasco 'Gure Leire', apresado hai uns días preto dos Azores con 2.500 quilos de cocaína e que levaba rumbo ás costas galegas, levaba anos no punto de mira da Axencia Tributaria pola súa posible vinculación con organizacións dedicadas ao narcotráfico, segundo confirmaron fontes da investigación.
Sinaí Giménez, o 'Obama galego' e 'rei dos xitanos', detido con 3 quilos de droga

O famoso ex-candidato á alcaldía de Vigo e autoproclamado líder de etnia romaní en Galicia volve chocar coa Xustiza, agora por narcotráfico

Exclavos chineses cultivando marihuana en Galicia

Das 21 vítimas, 12 eran de nacionalidade chinesa e os 9 restantes de orixe vietnamita, sendo todas elas captadas nos seus países de orixe coa falsa promesa dun traballo en Europa

Arden varias grandes planadoras nunha nave precintada pola Policía

Incendio fortuíto ou provocado para eliminar probas? Isto é o que se investiga tras arder catro embarcacións como as que usan os narcos galegos nunha nave do fillastro de Laureano Oubiña.

"Fariña" con cocaína incautada en macrooperación contra o narcotráfico

Máis de 100 axentes desarticularon unha rede que introducía cocaína de Colombia vía Galicia. A droga estaba disumulada nuns sopapos de fariña de palma.

650 quilos de cocaína escondidos nunha casa en venda
Un total de 11 persoas foron detidas no marco dunha operación antidroga ordenada pola Audiencia Nacional e desenvolta polo Greco (Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado) en Pontevedra, na comarca do Salnés e en Madrid.
​De como La Marea Roja explica o que Fariña só relata

Crítica de La Marea Roja (Edicións Carena, 2018). Léana. É unha das mellores novelas que se escribiu sobre o narcotráfico e un excelente retrato sociolóxico de Galicia. Nos seus case 400 páxinas, José Manuel do Río soubo plasmar a razón de porque os narcos galegos -Miñanco, charlines, etc - non logran sacar as súas mans daquilo que lles deu diñeiro e poder, pero tamén infamia e décadas de cárcere.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE