1.300 quilos de cocaína procedente de Colombia incautados, outra vez en Marín (Vídeo)

Unha perigosa banda con antecedentes de homicidio cae cando ía recoller máis dunha tonelada de droga en Galicia. Con esta incautación, outra vez en Marín, Galicia aproxímase a cifras récords de aprehensións de coca na súa historia. Confírmase así o rexurdir dos clans galegos, máis discretos pero igual de fiables para dar saída á sobreproducción columbiana.


|

Unha perigosa banda con antecedentes de homicidio cae cando ía recoller máis dunha tonelada de droga en Galicia. Con esta incautación, outra vez en Marín, Galicia aproxímase a cifras récords de aprehensións de coca na súa historia. Confírmase así o rexurdir dos clans galegos, máis discretos pero igual de fiables para dar saída á sobreproducción colombiana.  Só en Marín incautáronse máis de 2 toneladas de coca desde outono en catro operacións.


Axentes da Policía Nacional desarticularon unha organización de narcotraficantes que operaba en Galicia, Madrid e Alacante nunha operación conxunta coa Delegada Contra o Crime Organizado da Fiscalía de Colombia e a Drug Enforcement Administration (DEA), na que se incautaron máis de 1.300 quilos de cocaína e 550.000 euros, segundo informou a Dirección Xeral da Policía.


Policia marin


En Marín (Pontevedra) foron incautados máis de 1.300 quilos de cocaína procedente de Colombia e 25 bolsas negras que simulaban equipaxe de vehículo, onde pretendían distribuíla en España. Os detidos son experimentados condutores que contaban con coches de alta gama e gran cilindrada para emprender con facilidade unha huída en caso de ser detectados pola policía.

Ademais, foron arrestadas dez persoas en Galicia e Madrid e realizáronse dous rexistros no hotel onde contaban coa súa base de operacións e nun taller de compravenda de vehículos, e interviñéronse 550.000 euros e dez vehículos de luxo.

A investigación comezou a principios de xuño do ano pasado cando os axentes detectaron unha organización criminal que pretendía introducir en España unha tonelada e media de cocaína procedente de Colombia, iniciando nese momento unha investigación conxunta coas autoridades colombianas.

DELINCUENTES CON ANTECEDENTES MOI PREOCUPANTES
Para a recepción e distribución da droga, a organización usaba un grupo de perigosos delincuentes que operaba desde hai moitos anos de forma conxunta. Tratábase dun grupo moi consolidado, profesionalizado tanto nas comunicacións como nas medidas de seguridade e con condutores moi experimentados.

Ademais posuían vehículos de alta gama, moi potentes e de gran cilindrada para poder evadirse con facilidade de controis policiais ou en caso de ser detectados pola policía. Nas súas viaxes, normalmente utilizaban un vehículo que lideraba a comitiva para anunciar, a través de comunicacións internas, ao resto do grupo a presenza de controis.

Os membros da organización, de orixe española, contaban con numerosos antecedentes policiais, incluíndo homicidios, roubos con forza, furto, branqueo de capitais, delitos contra a seguridade do tráfico, falsidade documental ou atentado á autoridade, chegando a contar algún deles con máis de 50 antecedentes policiais.

Transcorridas varias semanas os axentes detectaron que os narcotraficantes adoitaban manter reunións en Madrid, lugar onde estaban asentados algúns dos investigados, e unha vez finalizadas desprazábanse a Alacante ou Galicia a altas horas da mañá a gran velocidade.

Nun destes encontros os investigadores confirmaron que no canto de regresar ás súas cidades de residencia escolleran un hotel para concentrarse como base de operacións. Máis tarde os axentes da investigación deron tamén cun taller de compra-venda de vehículos o cal lles fornecía os coches de gran cilindrada para levar a cabo as súas operacións.

ASALTO POLICIAL A UNHA NAVE EN MARÍN
A operación culminou coa detención de dez persoas e a desarticulación da organización criminal. Concretamente cinco deles foron sorprendidos e arrestados cando entraban a unha nave situada en Marín (Pontevedra) onde se interviñeron 1.300 quilos de cocaína e 25 bolsas negras no interior dun vehículo nas que pretendían distribuír a droga simulando equipaxe.


Ao mesmo tempo que se interviña a droga en Galicia, en Madrid foron arrestados os outros cinco membros cando transportaban o diñeiro procedente do intercambio pola cocaína e que ocultaran en un vehículo caleteado.

Os axentes realizaron dous rexistros, un no hotel que utilizaban como base de operacións e outro no taller de compravenda. Así mesmo, incautaron diversa documentación, dez vehículos de luxo e 20 teléfonos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE