Operación contra o narcotráfico sáldase con detidos e rexistros en varios puntos das rías de Arousa e Vigo
A Garda Civil e a Policía Nacional están á fronte de forma conxunta deste operativo contra o tráfico de drogas en Galicia no que non se descartan máis actuacións.
Ata o de agora, sábese que hai polo menos dous detidos e que se realizaron rexistros en Vilanova de Arousa, Vigo, Ridadumia, Santa María de Oia ou Sanxenxo.
Operativo contra o narcotráfico | Foto: EP
Un operativo contra o narcotráfico, desenvolvido de forma conxunta por axentes de Policía Nacional e Garda Civil, saldouse con varias detencións e rexistros en diferentes puntos de Galicia, e non se descartan novos arrestos, segundo informaron fontes coñecedoras da investigación.
Trátase dunha actuación coordinada desde un xulgado de Ferrol e este martes entrou en "fase de explotación", coa detención de varias persoas (polo menos un home na zona de Arousa e outro en Vigo), así como diferentes rexistros en Vilanova de Arousa, Vigo, Ridadumia, Santa María de Oia ou Sanxenxo.
No marco destas actuacións, que foron declaradas secretas polo xulgado, prevense varias detencións, e os rexistros poderían ampliarse ás zonas da Coruña e Ferrol.
Escribe o teu comentario