Carmen Avendaño sobre Tania Varela: "Cando empezou a relacionarse co fillo de Esther Lago foise complicando a vida"

Pon á 'narcoabogada' como exemplo "de como moitas veces o diñeiro interrompe capacidades das persoas"

|

A narcotraficante Tania Varela


A presidenta da asociación Érguete, Carmen Avendaño, coñecida pola súa loita contra o narcotráfico en Galicia, valorou a detención da 'narcoabogada' Tania Varela, a única muller que figuraba ata agora na lista de 70 persoas máis buscadas de Europol.

Avendaño lembrou a etapa de Varela á fronte do Centro de Información á Muller de Cambados, onde "fixo un traballo moi bonito". "Eu cando a coñecín é cando empezou a relacionarse co fillo de Esther Lago, e xa aí foise complicando a vida", rememorou, en referencia a David P.L., fillastro de Laureano Oubiña.

Neste sentido, puxo a súa traxectoria como exemplo "de como moitas veces o diñeiro interrompe capacidades das persoas", ao lamentar que "despois se meteu en organizacións e, ademais, moi perigosas", en referencia á súa vinculación con dous clans galegos de narcotraficantes, os de Laureano Oubiña e Sito Miñanco.


Ademais, a presidenta de Érguete indicou que despois de que matasen de dúas balazos na cabeza á parella de Tania Varela, o avogado Alfonso Díaz Moñux, "ela escapouse" e non volveu a saber dela. "Supoño que estaría por aí por países suramericanos e agora leveime a gran sorpresa de que a detiñan", comentou.

VIDA CLANDESTINA
"Naquel momento dixen que supoñía que tería contactos a nivel internacional e agora lévome a gran sorpresa porque, segundo dicides vós nos medios, pois forma parte dunha organización importante", engadiu.

Varela levaba máis dun ano vivindo de forma clandestina na localidade barcelonesa de Sitges, onde foi detida polos Mossos d'Esquadra cando paseaba xunto á súa filla menor de idade, que quedou a cargo dunha persoa de confianza. "Non se nin de quen é a filla", apuntou.

relacionada A narcotraficante galega máis buscada, detida en Cataluña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE