A narcotraficante galega máis buscada, detida en Cataluña
Tania Varela non é unha prófuga calquera. Figura en todas as listas internacionais de persoas máis buscadas. Ex-noiva do fillastro de Oubiña, leva fuxida desde 2013 tras escapar para non cumprir unha condena de sete anos pola súa relación cun enorme alixo de cocaína.
Tania Varela non é unha prófuga calquera. Figura en todas as listas internacionais de persoas máis buscadas. Ex-noiva do fillastro de Oubiña, leva fuxida desde 2013 tras fuxirse para non cumprir unha condena de sete anos pola súa relación cun enorme alixo de cocaína.
María Tania Varela Otero (Cambados, 1974) foi apresada pola División de Investigación Criminal dos Mossos d'Esquadra, segundo asegura La Vanguardia citando fontes policiais. Caeu na localidade de Garraf, na costa de Barcelona.
Figurou como unha das 60 persoas máis buscadas na lista de Europol e Interpol, sendo a única muller presente en varias ocasións.
Avogada de profesión, foi noiva do fillastro do histórico Oubiña, David Pérez Lago, pero acabou mantendo unha relación co seu defensor, Alfonso Díaz, asasinado a tiros por dous sicarios. Previamente mantivo relación co sector público, chegando a dirixir en Centro de Información á Muller de Cambados.
Escribe o teu comentario