650 quilos de cocaína escondidos nunha casa en venda

Un total de 11 persoas foron detidas no marco dunha operación antidroga ordenada pola Audiencia Nacional e desenvolta polo Greco (Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado) en Pontevedra, na comarca do Salnés e en Madrid.

|

Un total de 11 persoas foron detidas no marco dunha operación antidroga ordenada pola Audiencia Nacional e desenvolta polo Greco (Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado) en Pontevedra, na comarca do Salnés e en Madrid.


Vivenda rexistrada en Pontevedra na operación antidroga

Vivenda onde foi comisada a droga

Fontes policiais confirmaron a Europa Press que a droga intervida, segundo os primeiros datos, elévase a 650 quilos de cocaína. Un total de cinco persoas foron detidas en Pontevedra, outras dúas no municipio de Ribadumia e outras catro en Madrid.

MODERNO CHALÉ EN MONTEPORREIRO
Segundo indicaron fontes da investigación, a droga foi intervida na cidade de Pontevedra. En concreto, os axentes do Greco Galicia practicaron cinco detencións nunha vivenda unifamiliar situada na avenida de Buenos Aires de Pontevedra, na que foi localizada toda a droga.

Trátase dun moderno chalé de pedra, actualmente á venda, situado á beira do río Lérez, na subida ao barrio de Monte Porreiro.

REXISTRO TAMÉN EN RIBADUMIA
Houbo outro registro no municipio de Ribadumia, onde tiveron lugar os outros dous arrestos, no marco desta operación desenvolta pola Brigada Central de Estupefacientes da Policía Nacional e axentes do GRECO de Galicia

Como o operativo está coordinado pola Audiencia Nacional, os detidos atópanse na Comisaría Provincial da Policía Nacional en Pontevedra, á espera do seu traslado a Madrid para a súa posta a disposición xudicial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE