A Xunta interesouse por un dos presuntos narcos detidos, segundo recolle Fariña

Charly, tamén coñecido como Sandokán, foi investigado en numerosas ocasións, pero nunca condenado por narcotráfico


|


Graunner cambados jose andres boveda  charly


Este mércores a Policía Nacional ha realizado 18 detencións e 30 rexistros en Galicia, Marbella, Huelva e Toledo. O patriarca do clan dos Charlines, Manuel Charlín, e o seu fillo Melchor saltaron ás portadas como dúas dos detenidos na súa casa de Vilanova de Arousa dentro do marco dunha operación contra o tráfico de drogas.


Dirixida polo xulgado de instrución número 4 de Vigo, a operación foi levada a cabo por efectivos policiais dos servizos centrais de Madrid, con cooperación de axentes do GRECO e Udyco-Pontevedra e Udyco-Barbanza do Corpo Nacional de Policía.


Ademais dos Charlines,  houbo outro histórico detido na comunidade por mor de unha embarcación cargada con dúas toneladas e media de cocaína que foi abordada preto da illa de Madeira en dirección ás costas galegas. Trátase de José Andrés Bóveda Ozores, 'Charly', administrador único do estaleiro situado en Cambados Graünner.


Charly, tamén coñecido como Sandokán, foi investigado en numerosas ocasións, pero nunca condenado por narcotráfico. En 2009, cando Aduanas interceptou o buque San Miguel en alta mar con grandes cantidades de cocaína, operación pola cal se detivo a 19 membros do clan do Pasteleiro. 


Un dos mariñeiros detido a bordo do navío, José Luis Fernández Tubío, comezou a colaborar coa policía desde prisión, e desvelou como a banda movía máis de dez toneladas de cocaína anuais. Tubío tamén apuntou a Charly como encargado do aprovisionamento de lanchas da banda do Pasteleiro, declaración á que fai referencia Nacho Carretero en Fariña


O libro, que o sitúa como o terceiro piar da organización, recolle tamén a declaración dun Garda Civil, que asegura que no medio dun seguimento a José Andrés Bóveda a Xunta interesouse por el.  


«O Pasteleiro» facía poucas descargas pero moi ben pla­neadas. «Son moi sigilosos, coidan ata o último detalle. E se algo, calquera cousa, lles mosqueaba, abortábase todo», conta un axente da Garda Civil. O golpe chegou en 2008, cando as planadoras que tiñan que saír a buscar a co­caína do San Miguel se averiaron en plena ruta. Por seguri­dade, decidiuse que o mellor sería afundir as planadoras en alta mar e que o San Miguel recollese aos pilotos, pero o pesqueiro tamén sufriu problemas mecánicos. Cando os GEO atoparon o barco, os tripulantes estaban deshidra­tados e desnutridos. 


Un daqueles pilotos que non puido levar a planadora era Tubío, a testemuña desaparecida. O outro era o experimen­tado José Constante Piñeiro Búa, alias «Costiñas», man de­recha de «o Pasteleiro» (o mesmo que saíu en moto a revisar os coches antes dunha reunión). «Son como irmáns. Pla­nean todo xuntos. Tiñan ata dous Audi S3 con matrículas correlativas», conta un garda civil. O terceiro alicerce de a organización é José Andrés Bóveda Ozores, alias «Charly».


O axente conta unha anécdota que revela ata onde lle­ga o poder deste clan: «O outro día estabamos a facer un seguimento a “Charly”, que ten unha empresa concesiona­ria nas Rías Baixas. Chamamos alí e pedímoslles dáos­tose do seu seguro. Ao intre chámannos da Delegación Provin­cial da Xunta e pregúntannos por que pedimos eses datos. Non mo podía crer».


Charly mostrábase esta mañá impasible nas instalacións de Graünner mentres a Policía levaba a cabo o rexistro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE