Xoán Hermida non asumiría o acta de deputado que lle corresponde se Paula Quinteiro dimite. Alega que hai que predicar co exemplo. Así, ademais, a acta da confluencia seguiría estando en mans dunha militante de Podemos Galicia.
Presentarase Martiño Noriega á reelección á alcaldía de Santiago? Este un dos temas desta entrevista, na que o líder de Compostela Aberta fai balance a nivel local (relacións co PSOE, co BNG, depuradora, “poderes fácticos”, o papel de Compostela Monumental, etc.), comarcal (Mina de Touro) e autonómico. A En Marea pídelle responsabilidade e critica que non soubese pechar o caso Quinteiro.
O que parecía un ultimato do portavoz á deputada implicada nun incidente coa Policía xa non o é. Villares gaña tempo para centrarse nas eleccións locais. Mentres no Consello insisten en que se debe preguntar aos inscritos.
Moi a pesar dos dirixentes de En Marea, o 'culebrón' sobre a posible substitución da deputada Paula Quinteiro alóngase. O chamado a substituírlle, Xoán Hermida, é o centro dunha nova polémica mediática a partir doutra discusión coa Policía. Iso no caso de que Quinteiro dimita, que parece improbable.
O líder e portavos de En Marea deu un prazo de sete días á deputada implicada nun incidente coa Policía para que dimita. Algo que a Podemos Galicia parécelle unha "tolemia". A crise, e mesmo o risco dunha posible escisión, no grupo parlamentario da confluencia agrávase.
Nun novo xiro do Caso Quinteiro, Villares alínease co Consello dás Marea e reclama que Paula Quinteiro, quen esgrimiu a súa credencia de deputada nunha discusión coa Policía, dimita.
Son moitas as evidencias en Galiza que apuntan a que este pais precisaría dun paso pola esquerda –varias lexislaturas- para así abandonar a súa condición de periferia. O longo período de goberno conservador (34 de 41 anos) coas súas políticas neoliberais non fixo mais que acentuar os perfís periféricos de Galiza (escaso e precario emprego que favorece a emigración, deficitario estado de benestar que acentúa as desigualdades sociais, sectores produtivos básicos en decadencia e desorden urbano e rural que intensifican os desequilibrios territoriais, deterioro medioambiental, etc). Galiza precisa dun goberno de esquerdas, pero dunha esquerda antisistémica que, coas ideas moi claras, poña en marcha políticas que rompan esta dinámica histórica. Políticas que, por outra parte, son posibles si hai vontade de levalas adiante e se tecen as alianzas precisas.
Debe unha forza incapaz de xestionar un conflito interno menor gobernar Galicia algún día? Este é o que poden estar a pensar moitos votantes de En Marea ante o espectáculo que está a dar a confluencia. O último capítulo, o grupo parlamentario pasa do Consello de En Marea, o máximo órgano da confluencia, e apoia que Paula Quinteiro continúe como deputada. Desde Podemos Galicia xa se pronuncian, mesmo, sobre unha posible escisión.
Os críticos coa dirección tachan de carente de "lexitimidade" a resolución adoptada polo Consello dás Mareas de pedir o acta de deputada da deputada implicada nun incidente coa Policía.
Paula Quinteiro pide desculpas máis de 24 horas despois de que saltase a noticia. Con todo, a súa sorte depende agora do Consello das Mareas tras negarlle o grupo parlamentario o seu apoio.
Paula Quinteiro, a deputada implicada nun barullo coa Policía, relata o seu punto de vista da polémica. Versión que difire bastante coa adiantada onte por La Voz de Galicia en base a un atestado da Policía Local de Santiago.
O atestado policial recolle que "dificultou" a identificación dun mozo e a parlamentaria defende que mediou para acougar a situación
Ás mareas non lles pasará como nas anteriores eleccións locais, cando, a pesar do seu éxito electoral en moitos concellos, a penas lograron representación nas deputacións ao non estar coaligadas. O plan para evitalo aprobouse este sábado nunha reunión marcada pola ausencia dos edís de Santiago, A Coruña e Ferrol e polas críticas de Beiras aos deputados en Madrid.
A tensión entre o sector que apoia ao líder autonómico Luís Villares e sensibilidades como a Marea Atlántica e parte de ANOVA e Compostela Aberta queda en envidencia ante as ausencias da convención deste sábado.
O documento político que marcará a estratexia das mareas para as locais é ambivalante. Por unha banda defende a autonomía das mareas municipais pero reclama ao mesmo tempo unha coordinación que lles permita competir a nivel provincial. Coordinación que tamén se lle esixe aos deputados en Madrid.
Jorge Suárez lanza críticas ao PSOE de Ferrol e abre a porta a non repetir como candidato. Sobre En Marea, aplaude a Villares pero cuestiona o labor de Cerna e outros grupos.
Dacordo aos sindicatos, a participación dos traballadores na folga sitúase en torno ao 90 por cento
"Tratan de ocultar o espectáculo bochornoso que terían que dar os deputados galegos do PP votando a favor de Audasa", reprocha Alexandra Fernández.
Nela prohíbese que a lingua cooficial sexa requisito para ser empregado público
Carmen Santos apela aos testemuños de Correa e Pablo Crespo para impulsar unha comisión no Parlamento.