O alcalde de Ferrol dubida se presentarse e critica a Cerna e Sestayo

Jorge Suárez lanza críticas ao PSOE de Ferrol e abre a porta a non repetir como candidato. Sobre En Marea, aplaude a Villares pero cuestiona o labor de Cerna e outros grupos. 


|

A Entrevista 04.03.18 Alcalde De Ferrol

Jorge Suárez lanza críticas ao PSOE de Ferrol e abre a porta a non repetir como candidato. Sobre En Marea, aplaude a Villares pero cuestiona o labor de Cerna e outros grupos.

O alcalde de Ferrol recoñeceu que estudia a posibilidade de someterse a unha moción de confianza para aprobar os orzamentos municipais, xa que cre que "ningún portavoz" da oposición vai dar un paso á fronte para presentar unha alternativa de goberno a menos de ano e medio para as eleccións.

Suárez foi entrevistado este domingo na Radio Galega, onde sinalou que a decisión final sobre se repetirá como candidato á Alcaldía por Ferrol en Común nas eleccións locais de 2019. "Repetir, desde logo nestas circunstancias actuais, si que é un sacrificio persoal que debo meditar coa miña familia", apuntou.

Nesta liña, afirmou que "nunca" tivo a "ambición" de "ser un político profesional", aínda que admite que "a pesar de todas as dificultades", ser rexedor de Ferrol "é un privilexio".


CRÍTICAS Ao PSDEG DE FERROL

Cuestionado pola figura de Beatriz Sestayo (PSdeG-PSOE), con quen compartiu goberno no primeiro tramo de mandato, Jorge Suárez opinou que "como cidadán" ve á socialista como unha figura "máis que amortizada" na cidade "para encabezar unha lista" nas eleccións de 2019.

Sobre a ruptura do pacto de goberno entre FeC e o Partido Socialista, o rexedor responsabiliza a Sestayo de non asumir "a súa posición" e tratar de "copar outras esferas que non lle correspondían", o que "dificultaba o labor de goberno". "Tiñamos a oposición dentro mesmo do goberno", apostilou.

Jorge Suárez tamén se mostrou crítico contra un dos impulsores de Ferrol en Común Carlos do Río, quen abandonou a formación rupturista nos últimos meses e abriu a porta para crear unha nova para as eleccións do próximo ano.

"Calquera movemento de ruptura eu pódoo respectar pero creo que é un erro as decisións políticas que toma", respondeu Jorge Suárez sobre a posibilidade de que naza un novo movemento político similar a Ferrol en Común.

CRÍTICAS A CERNA DENTRO EN MAREA


Jorge Suárez, que xunto aos seus homólogos da Coruña --Xulio Ferreiro-- e Santiago de Compostela --Martiño Noriega--, foi un dos impulsores do nacemento de En Marea na política galega, recoñeceu que a formación rupturista non atravesa polo seu mellor momento.

Nesta liña, cre que, tras irromper nas eleccións autonómicas como "primeira forza" da oposición, En Marea está "indo a menos" e culpou diso á falta de entendemento entre o "conxunto de organizacións" que forman o partido instrumental para dar o "impulso definitivo" á formación rupturista.

"A figura de Luís Villares pensabamos que podería servir de amálgama de todo este conxunto de intereses diversos. Pero por desgraza, o que máis transciende nos medios de comunicación son nosas propias diferenzas internas máis aló dos proxectos políticos", asegurou Suárez.

A continuación, chamou a "recompoñer o espazo" tomando como exemplo o modelo das mareas locais, un obxectivo no que Villares "está a dar todo por conseguir ese desafío".

"O que pasa é que algúns actores que non estaban no seu momento nos principios de En Marea volveron tomar posicións vinculados a Cerna e a algunha outra organización e un pouco enturbaron todo o proceso", afirmou Suárez, que remarcou que "a unidade popular non se constrúe a través da división" nin "con continuos tiros no pé".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE