Adiantar as eleccións internas de En Marea a setembro. Esta é unha das propostas do grupo que lidera Martiño Noriega para salvar a unidade dunha confluencia que fai augas en lugares como Ferrol e Pontevedra. O objectivo, recompoñer o espazo antes das eleccións locais.
En Ferrol xa hai dúas candidaturas saídas do grupo que goberna a cidade. Agora en Pontevedra o espazo de confluencia tamén se racha. Podemos arremete contra En Marea por apoiar a unha "parte" da confluencia nun novo capítulo do enfrontamento entre o partido morado e Luís Villares.
En Marea instou ao PSOE de Pedro Sánchez a poñer fin á actividade da planta de Ence na ría de Pontevedra aproveitando "a excelente oportunidade" que brinda o fin da concesión de actividade, que conclúe o próximo 28 de xullo
As primarias do PP destruíron un mito. No partido que presume de parecerse máis a Galicia e de ter máis de 101.000 afiliados apuntáronse para votar só 4.222 persoas. Sorprende, e moito, que o enorme poder que acumulan os partidos políticos dependa, en última instancia, dunha cantidade tan pequena de afiliados. Ademais, se no PPdeG -a formación con máis poder real en Galicia- só están interesados en participar 4.222 persoas, cal será o nivel real de participación nos outros partidos? Tenden a militar máis os galegos de esquerda, a pesar de ser derrotados en todas as eleccións autonómicas?
O Valedor do Pobo emitiu un comunicado no que defende que a actuación da institución. Pola súa banda, En Marea e o Partido Socialista esixen a dimisión de Milagros Otero, que, segundo a sentenza do TSXG, cometeu "abuso de poder" e "arbitrariedade" ao designar á irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga
Luís Villares apunta ao "risco" que supón que os pregos do contrato "non esixan" aos pilotos ter experiencia previa de voo en Galicia
PODEMOS GALICIA está actualmente nunha conxuntura que pode ser decisiva. Nunha conxuntura na que poida que estea en xogo a súa propia existencia en Galicia. As razóns que me levan a subliñar esta afirmación tan contundente baséanse no camiño que esta organización ven percorrendo nos derradeiros tempos. Tempos nos que moitos dos cadros dirixentes de PODEMOS GALICIA entraron nunha liña de constante crítica a EN MAREA, parecendo esquecer que foi baixo estas siglas como se presentaron as derradeiras eleccións autonómicas conseguindo así unha representación parlamentaria (2 de 5 no Parlamento español, 6 de 14 no Parlamento galego) que, con toda seguridade, non tiveran conseguido indo separadamente. Un camiño que lles leva a esquecer as que deberan seren as súas tarefas prioritarias tanto de oposición ao actual goberno conservador da Xunta de Galicia (PP) como de inserción na sociedade civil galega para así poder incidir en ambas e procurar o cambio das políticas actuais. A esquecer tamén a practica dunhas solidariedade e lealdade que son imprescindibles en este tipo de alianzas.
Como leva semanas advertindo Galiciapress, o grupo parlamentario no Parlamento Galicia de En Marea camiña cara á escisión e poida que tamén a propia confluencia. Hoxe o principal partido nacionalista do líder da oposición, a ANOVA de Beiras e Noriega, deixou claro que non lle vale dirección de Luís Villares, á que considera unha "rémora" sen propósito de emenda. Como tampouco lle vale a Podemos Galicia e a moitas das mareas municipalistas.
A división en En Marea é de tal calado que pode acabar nunha escisión do grupo parlamentario ou na saída de Luís Villares. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes dos dous bandos enfrontados sobre a continuidade de Paula Quinteiro, a deputada involucrada nun barullo coa Policía Local. Os defensores da parlamentaria presentan un manifesto que conta con máis de 800 apoios, incluídos deputados, alcaldes e cargos de, entre outros, Marea Atlántica, Compostela Aberta, Podemos e ANOVA.
O grupo parlamentario rexistrou unha proposición para controlar a publicidade enganosa, os servizos dos centros socio-sanitaros e o intrusismo laboral.
As catro forzas con representación no Parlamento de Galicia analizan o seu escenarios e posibilidades para os comicios municipais de 2019. O PSdeG espera ter "ao redor de verán" os seus candidato, mentres o BNG celebrará a final deste mes un Consello Nacional no que se "vai a falar" destes comicios e abordaranse "os mellores candidatos e candidatas posibles".
O ton da intervención da líder do partido morado en Galicia revela ata que punto están tensas as relacións na confluencia a nivel autonómico. Pola contra, para as municipais, Santos recoñece un diálogo para revalidar as mareas.
A guerra interna desatada nas mareas por o caso Quinteiro está a dar a lugar a situacións peculiares, como a de Xoán Hermida, que dimite como deputado só catro días despois de asumir a súa acta. Previamente dixera que non aceptaría o cargo, dado que o tamén está inmerso nunha polémica coa Policía.
As bases de En Marea votarán se Paula Quinteiro debe seguir como deputada pero coma se non o fixesen, porque o que digan non será vinculante e os que apoian á deputada de Podemos xa advirten que a consulta carece de lexitimidade. A consulta ás bases non servirá pois para pechar unha crise que dura xa varios meses e que deixa a Luís Villares moi tocado como líder.
A incapacidade da confluencia de pechar o caso Quinterio segue prexudicando a En Marea. Hermida, a quen lle toca asumir un acta de deputado, acepta incorporarse ao Parlamento, pero renuncia a exercer ata que se resolva a lea no grupo parlamentario.
Os deputados acoden á mina tras o escrito remitido polas asociacións para trasladar a súa preocupación ambiental.
O portavoz de En Marea quita importancia ao peso de Podemos Galicia, cuxo número 2 tivo que dimitir hoxe por falsear o seu currículo, no seu grupo Parlamentario: "A única correlación de forzas interésame é a de En Marea e o PP"
O portavoz de En Marea quita importancia ao peso de Podemos Galicia, cuxo número 2 tivo que dimitir hoxe por falsear o seu currículo, no seu grupo Parlamentario: "A única correlación de forzas interésame é a de En Marea e o PP"
Alega que o seu caso é diferente do da presidenta da Comunidad de Madrid, pero o número 2 da Secretaría de Podemos Galicia presentou este venres a súa renuncia.