Que partido ten máis militantes en Galicia? Estas son as cifras oficiais

As primarias do PP destruíron un mito. No partido que presume de parecerse máis a Galicia e de ter máis de 101.000 afiliados apuntáronse para votar só 4.222 persoas. Sorprende, e moito, que o enorme poder que acumulan os partidos políticos dependa, en última instancia, dunha cantidade tan pequena de afiliados. Ademais, se no PPdeG -a formación con máis poder real en Galicia- só están interesados en participar 4.222 persoas, cal será o nivel real de participación nos outros partidos? Tenden a militar máis os galegos de esquerda, a pesar de ser derrotados en todas as eleccións autonómicas?


|

As primarias do PP destruíron un mito. En o partido que presume de parecerse máis a Galicia e de ter máis de 101.000 afiliados apuntáronse para votar só 4.222 persoas. Sorprende, e moito, que o enorme poder que acumulan os partidos políticos dependa, en última instancia, dunha cantidade tan pequena de afiliados. Ademais,  se no PPdeG -a formación con máis poder real en Galicia- só están interesados en participar 4.222 persoas, cal será o nivel real de participación nos outros partidos? Tenden a militar máis os galegos de esquerda, a pesar de ser derrotados en todas as eleccións autonómicas?


Os datos facilitados a Galiciapress permiten intuír unha resposta a estas cuestións. Intuír, porque ao utilizar cada partido conceptos diferentes -afiliados, inscritos, inscritos activos, simpatizantes, etc.- as cifras non son directamente comparables.


PODEMOS MULTIPLICA AS CIFRAS DE EN MAREA

O líder da oposición é neste caso líder en transparencia. O número de inscritos en En Marea é de 2.416 a data deste lunes, segundo pode consultar calquera na súa web. Un número que se actualiza automaticamente, explican fontes oficiais.


Para ser inscrito na confluencia de Luís Villares non hai que pagar. Con inscribirse, calquera persoa obtén plenos dereitos. Por exemplo, para votar na elección do líder.


A militancia en En Marea é a título individual. Así, por estar inscrito, por exemplo en Podemos ou Anova, non tes dereito a votar nas consultas de En Marea. Os partidos que colaboran na confluencia manteñen os seus propios censos e, de feito, Podemos Galicia non recoñece a autoridade dos órganos de En Marea, como evidenciou a crise do Caso Quinteiro.  


Polo visto nas consultas comúns de Podemos e En Marea, o partido morado é o que ten máis militancia dentro deste espazo. Segundo fontes oficiais, a semana pasada Podemos Galicia tiña 26.382 inscritos. 


Unha cifra importante, que o propio Podemos Galicia acouta puntualizando que nas consultas realizadas entre os inscritos durante o último ano, participaron 13.721 persoas. Na consulta sobre a fórmula das eleccións locais, 4.306 inscritos votaron. A este grupo, ao que participa nas consultas, en Podemos Galicia chámanlle "inscritos activos". 


En Podemos ninguén paga unha cota obrigatoria. Con inscribirse, calquera puido votar por exemplo se Pablo Iglesias debía dimitir por hipotecarse para comprarse unha casa. O que achega unha cota ou fai un préstamo faino en teoría a cambio de ningún dereito a maiores.


NAS PRIMARIAS DO PSDEG PARTICIPARON MÁIS DA METADE DOS SEYS MILITANTES

No PSdeG os simpatizantes non pagan nada tampouco, pero non poden participar nas votacións internas, salvo que así se determine especificamente. O PSdeG di contar con 13.240 simpatizantes inscritos, que reciben información e están sometidos ao réxime disciplinario do partido.


Os militantes do PSdeG, que si poden votar sempre e pagan cota, son 9.993. Deles, polo menos 6.530 estaban ao corrente do pago n o ano pasado, cando participaron nas primarias que encubraron a Gonzalo Caballero.


Congreso PSdeG PSOE militantes

Congreso do PSdeG


O BNG ANDA POLOS 7.000 MILITANTES E A ÚLTIMA VEZ VOTARON 3.000

A pesar das escisións de hai uns anos, os nacionalistas dicían ter en abril desta ano 7.800 militantes que pagan cota e participan nos procesos internos. O Bloque tamén ten regulada a figura do simpatizante, 10.015 en total. Con todo, estes nin pagan nin teñen dereito a voto, aínda que, por exemplo, colaboren na campaña ou fagan de interventores.


Na última asemblea nacional, cando escolleron a Ana Pontón portavoz nacional, votaron 3.010 persoas.







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE