Na política hai moito de teatro, con bos, malos e pésimos actores. O fin non é outro que envolver ao seu público, o votante, de todo aquilo que quere oír e que pensa que a teoría se plasmase na práctica.
Os galegos votan maioritariamente ao PPdeG. Para as súas primarias só se apuntou a votar o 4,5% dos militantes. O resultado de combinar estes dous ingredientes é que hoxe nas primarias do PP, case a metade dos electores galegos ten algunha responsabilidade remunerada dalgún modo no sector público. O seu líder, Alberto Nuñez Feijóo segue sen mollarse.
As primarias do PP destruíron un mito. No partido que presume de parecerse máis a Galicia e de ter máis de 101.000 afiliados apuntáronse para votar só 4.222 persoas. Sorprende, e moito, que o enorme poder que acumulan os partidos políticos dependa, en última instancia, dunha cantidade tan pequena de afiliados. Ademais, se no PPdeG -a formación con máis poder real en Galicia- só están interesados en participar 4.222 persoas, cal será o nivel real de participación nos outros partidos? Tenden a militar máis os galegos de esquerda, a pesar de ser derrotados en todas as eleccións autonómicas?
O vigués fai valer a vantaxe que colleitara en canto a número de avais e só perde na súa propia cidade contra Villoslada.
O PSOE habilitou uns 190 centros en toda a comunidade para que os militantes depositen o seu voto. A Coruña é a provincia con máis afiliados.
A consulta arrinca hoxe e estenderase ata o vindeiro luns. Tras o probable 'si' dos militantes pretenden rexistrar a iniciativa canto antes.