Máis do 40% dos do PPdeG que hoxe votan nas primarias ten un cargo público

Os galegos votan maioritariamente ao PPdeG. Para as súas primarias só se apuntou a votar o 4,5% dos militantes. O resultado de combinar estes dous ingredientes é que hoxe nas primarias do PP, case a metade dos electores galegos ten algunha responsabilidade remunerada dalgún modo no sector público. O seu líder, Alberto Nuñez Feijóo segue sen mollarse.


|

Os galegos votan maioritariamente ao PPdeG. Para as súas primarias só se apuntou a votar o 4,5% dos militantes. O resultado de combinar estes dous ingredientes é que hoxe nas primarias do PP, case a metade dos electores galegos ten algunha responsabilidade remunerada dalgún modo no sector público. O seu líder, Alberto Nuñez Feijóo segue sen mollarse.


Un total de 4.564 afiliados do PPdeG, os que se inscribiron para participar no proceso e que supoñen oun 4,5 por cento dos 101.100 membros que computa o partido en Galicia, poderán votar este xoves nas sedes para elixir o sucesor de Mariano Rajoy á fronte do partido. Será a primeira volta do congreso que se celebrará a próxima semana, os días 20 e 21 de xullo.


Urnas para votar no proceso dos populares


4.500 INSCRITOS PARA VOTAR E 1.821 CARGOS ELECTOS

O PPdeG conta na actualidade con 1.753 concelleiros en Galicia, 41 deputados autonómicos,  
12 deputados no Congreso e 15 senadores.
Son polo menos 1.821 cargos electos. Tendo en conta que só se apuntaron a votar 4.564 persoas e asumindo que todos os galegos do PPdeG cun cargo electo votarán, isto significa que o 39,9% do censo destas primarias están constituído por cargos electos dos conservadores. 


Se a eles sumamos outros cargos de tipo administrativo non electos (conselleiros, directores xerais, secretarios, asesores de gabinete, deputacións, órganos consultivos da Xunta, mancomunidades, etc.) é probable que case o 50% dos votantes destas primarias teñan algún tipo de responsabilidade púbica. Isto sen contar aos seus familiares directos que tamén sexan militantes. Por tanto, é evidente que o candidato que ofreza máis garantías de manter poder electoral ten moito camiño andado.


FEIJÓO SEGUE SEN MOLLARSE
Ao longo de toda a xornada, o secretario xeral do partido en Galicia, Miguel Tellado, realizará un percorrido polos centros de votación das sete grandes cidades. Iniciarao en Ferrol, onde votará ás 10,00 horas e continuará polas sedes locais do partido na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago.

O secretario xeral acompañará, ademais, ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, no momento da súa votación, que terá lugar ás 18,00 horas en Vigo. Feijóo, que non confirmou publicamente a quen apoia, apelou este mércores á "liberdade de voto" e a votar "en conciencia" do que se considere "mellor" para o partido.

O ÉXITO ELECTORAL PERMÍTELLE AO PPDEG TER MOITO PESO NO PP ESTATAL
O presidente galego tamén remarcou que, tras a votación dos afiliados, confía en que os populares saberán "interpretar o sentido do voto da militancia" para despois "pechalo" no congreso, onde se pronunciarán os compromisarios.

De feito, Galicia está entre as comunidades que máis compromisarios achega ao congreso --279 electos e 48 natos--. Os afiliados inscritos tamén votarán a selección dos delegados ao conclave.

DOUS PRECANDIDATOS
Como resultado da votación deste xoves serán proclamados candidatos á presidencia do partido, para a súa elección polos compromisarios, os dous precandidatos que obtivesen o maior número de votos emitidos polos afiliados.

Concorren a exvicepresidenta do Goberno Soraya Sáenz de Santamaría, a exsecretaria xeral da partido María Dolores de Cospedal, o exvicesecretario de Comunicación Pablo Casado, o concelleiro valenciano Elio Cabanes, o deputado José Ramón García-Hernández, e o exministro José Manuel García-Margallo.

O PPdeG remarca que afronta "con ilusión" un novo proceso no que, a pesar da súa "complexidade", a militancia ten un papel destacado, xa que, coa súa voz, é "a encargada de dirixir o futuro do PP".


AO FINAL DECIDIRÁN OS COMPROMISARIOS?

A nosa autonomía é a cuarta comunidade con máis compromisarios para o Congreso Extraordinario do 20 e 21 de Xullo. Se ningún candidato logra unha vitoria irresistible nas primarias (máis do 50% dos votos, sacase 15 puntos ao seguinte candidato e fose maioritario na metade das circunscricións ) serán eses compromisarios quen decida co seu voto no Congreso. E isto é o máis posible visto que haberá sete papeletas nas primarias, o que favorece a división do voto dos militantes.


O peso de Galicia débese en parte aos bos resultados conservadores nas eleccións xerais, criterio que decide o 25% dos compromisarios, e ao volume da militancia, criterio que decide o 75% dos compromisarios. Isto explica, por exemplo, que Ourense (73) teña case tantos compromisarios como unha provincia con moito máis peso demográfico, A Coruña (78). Dato importante a ter en conta se, como todo parece indicar, a última palabra téñena os compromisarios.


Este é un mapa da estimación de apoios a cada candidato por autonomías eleborado ao comezo da campaña destas primarias:



Mapa pp militancia autonomias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE